O Día das Letras Galegas ven tendo lugar todos os anos o 17 de maio,
desde a súa primeira conmemoración no ano 1963.
Esta ano está dedicado a Xosé Filgueira
Valverde.
Xosé Filgueira Valverde foi unha das figuras
máis destacadas de Galicia no século XX, unha centuria, vale a pena comentalo xa
de entrada, que, en boa medida, enche coa súa propia existencia, pois naceu en
1906 e faleceu en 1996. A súa traxectoria vital, significada pola diversidade e amplitude das súas actividades, intereses e saberes, tivo
un núcleo vertebrador inequívoco, Galicia e a súa Cultura, entendida ésta na súa máis ampla
acepción, con dous privilexiados eixos de referencia: Pontevedra, a cidade na que que
veu a luz, e Santiago de Compostela, a urbe na que recibiu no esencial a súa sólida formación intelectual.
Ao longo
da súa vida, participóu Filgueira Valverde de maneira decidida e decisiva na
creación ou potenciación de numerosas institucións, algunhas de capital
significación no panorama cultural do seu tempo, as máis con proxección e presencia
intensa tamén no noso. Merecen reseña, polas especiais circunstancias que nelas
concurren, catro: o Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra, o
Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e o Consello da Cultura Galega. Ademais de numerosas obras de estudo e decreación literaria.
O acto central do Día das Letras Galegas 2015 terá lugar no Museo de Pontevedra, o
domingo 17 as 12:30 h e contará coa intervención dos membros de número Víctor Fernández Freixanes, Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Xosé Ramón Barreiro Fernández. O encargado de pechar a sesión será o
presidente da Academia, Xesús Alonso Montero.
Máis información nos seguintes ligazóns:
- Letras Galegas 2015: Blog da BUSC adicado á figura e obra de Xosé Filgueira Valverde
- Biografía de Filgueira Valverde na Galipedia.
- Páxina de Filgueira Valverde no Museo de Pontevedra
- Filgueira Valverde, un sabio na corte do teucro
- Fundación Filgueira Valverde
- Documental Contextualizando a Filgueira Valverde, de Gonzalo Veloso
- Biografía de Xosé Filgueira Valverde por Xesús Ferro Ruibal, no Consello da Cultura Galega
No hay comentarios:
Publicar un comentario