jueves, 4 de junio de 2015

BIBLIOTECAS DIXITAIS DE GALICIA



Segundo o artigo 5 da Lei 5/2012, de 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, “forman parte do Sistema Galego de Bibliotecas:
  •  A Biblioteca de Galicia 
    • A Biblioteca de Galicia (BdG), con sede na Cidade da Cultura, é a cabeceira e biblioteca central do Sistema e sucede ao Centro Superior Bibliográfico de Galicia (CSBG). 
    • Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura e xestionada pola BdG. Consta entre outras das seguintes coleccións 
  • As bibliotecas universitarias, as bibliotecas escolares e as bibliotecas especializadas. Das primeiras trataremos na seguinte entrada do blog. As últimas abranguen as Bibliotecas dos Arquivos e as dos Museos de Galicia. Oito dos museos principais da páxina “Museos de Galicia”  teñen moi boas coleccións (“Pezas destacadas”) de obxetos dixitais que se incorporan a repositorios como Cer.es (Coleccións de Museos de España), Hispana e Europeana. Nestes dous últimos repositorios tamén están os fondos de Galiciana.
  • As bibliotecas de titularidade privada que se integren na Rede de Bibliotecas mediante orden da Consellería de Cultura.
As bibliotecas de especial interese para Galicia forman parte do seu sistema bibliotecario, directamente se son públicas ou mediante convenio as privadas. Os fondos dalgunha delas están dixitalizados e incorporados a Galiciana:

A Fundación Cidade da Cultura e o Consello da Cultura Galega firmaron en 2011 un convenio para colaborar na preservación e difusión do patrimonio cultural galego, polo que se cedía ao Consello o uso do espacio necesario no edificio da la Biblioteca de Galicia para situar o personal e os investigadores e a totalidade das súas coleccións.

No hay comentarios: