jueves, 11 de junio de 2015

BIBLIOTECAS DIXITAIS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA


Falamos de Sistema Universitario Galego (SUG) dende a Lei 11/1989, de 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario en Galicia e, sobre todo, tralo Decreto 3/1990, de 11 de enero, de Segregación de Centros e Servicios da Universidade de Santiago de Compostela con tódolos seus Medios Materiais e Humanos e da súa Integración nas novas Universidades da Coruña e Vigo, estruturadas en sete campus universitarios. A Lei 6/2013, de 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia deroga a Ley 11/89 e regula o SUG con moito máis detalle.

Polo tanto, o SUG está constituído polas Universidades da Coruña e Vigo, que cumpren 25 anos, e a de Santiago de Compostela, con máis de 500 anos de historia; coordinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e, no no que atinxe a acceso e títulos, pola Comisión Interuniversitaria de Galicia.

As bibliotecas das universidades galegas teñen a súa orixe en boa parte nas bibliotecas da USC. Segundo o artigo 18 do Regulamento do Servizo da BUDC, o Servizo estrutúrase como un sistema bibliotecario descentralizado e coordinado. A BUSC (art. 2 do seu Regulamento) está algo máis centralizada e a BUVigo moito máis, segundo os arts. 5 a 9 do Regulamento (de xeito que o que na BUDC son bibliotecas de centro, na BUVigo constitúen puntos de lectura).

As tres bibliotecas son o que se coñece como bibliotecas híbridas (principalmente físicas, pero tamén virtuais): bibliotecas con coleccións y servizos presenciais e con coleccións e servizos en liña. Por un lado, está a biblioteca xeral ou de centro como lugar físico e, por outro lado, o portal web da acceso aos seus recursos dixitais. Na UDC case que tódalas súas bibliotecas teñen páxina web creada polo seu persoal. Na BUVigo, una biblioteca dixital creada por un provedor externo correspóndese coa Biblioteca Central. Na BUSC, o servizo informático elabora as webs das distintas bibliotecas.

A estrutura da biblioteca cada universidade condiciona o tipo de biblioteca dixital. Se ampliamos o concepto de biblioteca dixital, podería dicirse que a UDC ten una biblioteca dixital principal e varias pequenas, temáticas; e as de Vigo e Santiago, só unha:

De tódolos xeitos, dúas universidades teñen o que en sentido estrito poden considerarse biblioteca dixital, pola xeneralidade dos seus fondos: os seus repositorios institucionais: o RUC da UDC e Minerva na USC. Investigo na UVigo  está en fase de desenvolvemento.

Tamén BUGalicia é una biblioteca dixital que recolle as coleccións dixitais comúns das tres universidades galegas; está xestionada polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, entidade na que participan as tres universidades apoiadas pola Xunta de Galicia e co soporte técnico do Centro de Supercomputación de Galicia. É unha volta a unión orixinal, polas vantaxes da compra consorciada, e un exemplo de cooperación bibliotecaria. 

Aparte, a Biblioteca da USC ten unha serie de coleccións dixitais, resultado de diversos proxectos de dixitalización do seu amplo fondo antigo e que podería considerarse biblioteca dixital en sentido estrito, e máis se tivese un sitio web independente, non só acceso a través do catálogo. Estaría  constituída polas seguintes coleccións: Fondos xerais (fondo antigo non galego da BUSC), Galicia (fondo galego de manuscritos e impresos publicados entre 1483 e 1900 pertencente á Biblioteca Universitaria), Prensa galega (títulos de prensa e revistas dixitalizadas de fondo antigo galego, Incunables, Literaturas hispánicas (monografías da BUSC no campo da literatura hispánica impresas entre os séculos XV e XVIII), Biblioteca América (fondos dixitalizados anteriores a 1900 pertencentes á Biblioteca América da Biblioteca Xeral nacida grazas ao impulso de Gumersindo Busto), Bibliografías Letras Galegas (catálogos bibliográficos das mostras bibliográficas organizadas anualmente con motivo do Día das Letras Galegas).

No hay comentarios: