viernes, 19 de junio de 2015

BIBLIOTECAS DIXITAIS NA CORUÑA


BMEL
A Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña, inaugurada en 1991, puxo en marcha un proxecto de dixitalización dunha selección dos seus fondos en colaboración co Ministerio de Cultura. Seleccionáronse documentos dos séculos XVII ao XX relacionados coa historia de Galicia e da Coruña:
A Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia facilitou medios técnicos para a integración do fondo en Galiciana a través dun “micrositio”. En total dixitalizáronse 134 obras que suman 18.440 imaxes.

Na Coruña só hai esta biblioteca ou colección dixital en sentido estrito, o Fondo Local A Coruña (da Biblioteca de Estudos Locais). Conforme se vai reducindo o ámbito xeográfico, hai menos bibliotecas deste tipo, polo coste da infraestrutura tecnolóxica  que supón para as administración correspondentes, e o menor fondo a dixitalizar. 

Pero se consideramos os grandes servizos bibliotecarios da cidade, hai que ter en conta un gran número de bibliotecas híbridas, que poderían considerarse dixitais en sentido amplo. Como bibliotecas híbridas, destacan polos servizos en liña, non polos fondos dixitalizados.

O novo portal das Bibliotecas Municipais da Coruña, coordinadas polo Servizo Municipal de Bibliotecas, dispón dunha sección 2.0. A rede municipal, aínda que se integra na rede de bibliotecas públicas de Galicia, está na web separada das bibliotecas nodais, ao contar sistemas de xestión bibliotecaria e portais diferentes. A existencia dunha rede municipal permite a das bibliotecas especializadas, como a de Estudos Locais, a Infantil e Xuvenil, a do Ágora ou a do Forum Metropolitano, entre outras. É esa especialización a que posibilitou o desenvolvemento da única biblioteca dixital da cidade, a biblioteca dixital de Estudos Locais da Coruña, integrada como colección en Galiciana
 
A portal da rede non ten unha colección electrónica (só acceso a libros electrónicos a través de eBiblio  e GaliciaLé) pero si moitos e mellorados servizos dixitais: redes, sociais, clubes de lectura na nube, blogs temáticos, de clubes de lectura, da bebeteca, guías de recomendacións, información exhaustiva e clasificada dos sevizos na sección Usa as Bibliotecas, e tamén das actividades, etc.
A Biblioteca Central Miguel González Garcés está incluída no portal web das principais bibliotecas de Galicia e ten entre outros os seguintes “Recursos electrónicos en liña”: Biblioteca Dixital da Rede, da rede de Bibliotecas de Galicia (Titorial); Carteis de Galicia (A Coruña)Colección de carteis depositados na Biblioteca Miguel González Garcés, visible nunha páxina propia e en Galiciana; Bibliotecas Dixitais infantís e xuvenís, directorio de bibliotecas dixitais.
En entradas anteriores do blog xa nos referimos as seguintes bibliotecas ou coleccións dixitais da Coruña:
A Lei 5/2015, de bibliotecas de Galicia, define no seu artigo 3.2 a biblioteca dixital como “colección organizada de contidos dixitais que se poñen a disposición do público. Poden conter exemplares dixitais de libros, outro material documental procedente de bibliotecas, arquivos ou museos y/o información producida directamente en formato dixital.”
Así, Europeana ademais de almacenar obras literarias, posúe unha enorme colección de obxectos dixitais provenientes dos máis importantes museos de Europa.
emc2 e-Museo
A Coruña non só destaca pola súa rede municipal de bibliotecas, senón tamén polo resto da súa oferta cultural.  Na páxina dos Museos Científicos Coruñeses hai un e-Museo, cunha ampla colección de obxectos dixital. 
LaColeccion Fundacion BarriéNa Fundación Barrié teñen un Pórtico da Gloria Virtual, a Colección de la Fundación Barrié e a Reconstrución do Coro Pétreo do Mestre Mateo

No hay comentarios: