viernes, 13 de mayo de 2016

MANUEL MARÍA, LETRAS GALEGAS 2016

Por P. Lameiro, CC BY-SA 3.0, vía Wikimedia Commons

Este ano 2016, o Día das letras Galegas dedicase a Manuel María, “poeta, narrador e dramaturgo recoñecido, de extensa obra e inquebrantable compromiso coa lingua galega” segundo a biografía do autor no sitio web da Real Academia Galega.

A continuación, repasamos cronolóxicamente os principais fitos da súa vida e da súa obra:

1929: Manuel María Fernández Teixeiro nace en Outeiro de Rei da Terra Chá o 6 de outubro na Casa de Hortas, hoxe sede da casa museo dedicada á súa figura

1943: Traslado a Lugo, onde cursa o ensino secundario

1949:
  • Primeira conferencia no Círculo das Artes de Lugo
  • Intégrase no faladoiro lugués do hotel Méndez Núñez, invitado polo poeta Luis Pimentel, no que participan tamén escritores como Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro ou Carballo Calero
  • Edita a revista Xistral
1950: Publicación de “Muiñeiro de brétemas” na colección Benito Soto, de Pontevedra. É a primeira obra que sae á luz dun poeta novo tras a guerra civil e o inicio dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra

1952:
  • Volta a Lugo, tras uns anos en Santiago de Compostela nos que estuda Dereito
  • Publicación de libro de poemas “Morrendo a cada intre”
  • Crea a editorial Xistral
1954: Comeza a colaborar na revista Alba. Na casa do director da publicación, Ramón González Alegre, coñece a Bernardino Graña e a Xosé Luís Méndez Ferrín.

1958: Instálase en Monforte de Lemos, cidade na que permaneceu durante a maior parte da súa vida, como procurador de los tribunais

1960-1970: Participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas gallegos, ao tiempo que colabora con numerosas organizacións dedicadas á recuperación da cultura gallega impartindo conferencias e recitando poemas. Presenta a Nova Canción Galega.

1998: Traslado á cidade da Coruña, onde manterá un faladoiro no Kirs.

2001: Espiral Maior publica a súa “Obra Poética Completa”, dirixida por Miguel Anxo Fernán Vello

2004: Falece o 8 de setembro na Coruña.

En 2008, o comité do estudantado da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña logra que a aula 1.1 pasase a chamarse Aula Manuel María.

Segundo Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, "a [súa] personalidade literaria encaixa perfectamente dentro do espírito e a acción e a letra e a música das Irmandades dá Fala"


Actividades conmemorativas:

Máis información nos seguintes ligazóns:

Letras Galegas 2016: Blog da Biblioteca da USC dedicado á figura e a obra de Manuel María
Páxina web da Casa Museo Manuel María (Fundación Manuel María de Estudos Galegos)

No hay comentarios: