miércoles, 8 de junio de 2016

OS REPOSITORIOS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Con motivo da presentación o pasado 26 de abril de Investigo, o novo repositorio institucional (en adiante RI) de acceso aberto da Universidade de Vigo, aproveitamos para facer un resumo dos repositorios institucionais das universidades galegas:

Coruña

O RUC é o repositorio da Universidade da Coruña; segundo a súa web “recolle, difunde e preserva as publicacións dixitais en acceso aberto produto da actividade científica e institucional da UDC”. DSpace é o software de código aberto do MIT e HP empregado para construír a plataforma; de aí o nome anterior do repositorio, UDCDSpace, nado en 2005.

O RUC organizase en comunidades e coleccións; as primeiras correspóndense con Departamentos da UDC e a súa produción científica; e as segundas, cos distintos tipos de traballos científicos: teses, traballos de fin de grao, revistas, recursos educativos, ou con coleccións especiais.


Actualmente conta con máis de doce mil documentos: 2.600 traballos de investigación (deles, 1.100 teses), 4.300 artigos e exemplares de revista, 2959 documentos de congresos e cursos da UDC e unha selección de traballos finais de titulacións distintas das de doutoramento.

Santiago de Compostela

Antes do repositorio Minerva, a USC tuvo un anterior: Morea (Múltiples Obxectos Reutilizables de Ensinanza e Aprendizaxe), depósito específico que reunía obxectos reutilizables de aprendizaxe. Foi elaborado co software Fedora.

O RI actual é un proxecto transversal da Biblioteca Universitaria, máis outros tres Servizos e dúas vicerreitorías. É dicir, o RI non está mantido só pola BUSC.

O feito anterior máis a historia da UDC determinan que a composición e estrutura de Minerva sexan diferentes dos do RUC da UDC, unha universidade nova. A colección histórica dixitalizada ten un peso fundamental en número de documentos, xunto co acervo de revistas da USC, con exemplares desde los años 70; tamén é relevante a documentación institucional: Fondo Histórico e Patrimonial (4651) , Revistas editadas polo SPIC (5568), Cursos e Congresos, Homenaxes e outras publicacións da USC (1049), Institucional (1766). En total, máis de 13.00 documentos.

Estrutura de Minerva: 1. Biblioteca Universitaria (reúne o seu fondo histórico dixitalizado), 2. I+D+I: documentos resultantes da actividade investigadora da comunidade universitaria, e revistas científicas editadas pola USC, 3. Docencia e innovación educativa: materiais didácticos, 4. Institucional: publicacións de carácter administrativo ou institucional xeradas pola universidade.

Vigo

Investigo é o RI da Universidade de Vigo, que “recolle, difunde e preserva a produción científica do seu persoal investigador”; é un repositorio de investigación como o da UDC. Tamén emprega o software DSpace e é xestionado pola Biblioteca Universitaria.

Diferenzas deste RI respecto dos anteriores:
  • Organización en torno ao tipo de documento: Artigos, Libros (e partes de libros), Documentos de congresos e Teses de doutoramento"
  • Navegar por facetas”: permite refinar os resultados dunha procura mediante criterios ou "facetas": ano de publicación,  autor, materia Unesco (termos da Nomenclatura internacional da Unesco para os campos de Ciencia e Tecnoloxía), e tipo de documento.


Ler o artigo completo

1 comentario:

Inma Doval dijo...

Os repositorios institucionais supuxeron un gran avance para a vsibilidade da produción científica. O da UDC lembro que foi creado dentro dun contrato programa da universidade por catro persoas, tres delas da nosa Biblioteca: Xaquín Lores, Carlota Balsa, Javier Uranga e Vicente Guerreiro. Foio o primeiro das universidades galegas e dos primeiros de España. Os nosos compañeiros, como moi poucos recursos e moito traballo conseguiron sacar adiante un proxecto naquel momento moi novedoso e descoñecido pola maioría do PDI. De feito, cando precisou apoio institucioanl para continuar o seu camiño non foi algo doado de conseguir, ata que xa había repositorios en moitas institucións e xa estaba clara a súa importancia. Na UDC durante moito tempo o PDI foi reacio a depositar os seus traballos, e aínda hoxe moitos investigadores o ven maís como unha ameaza que coma algo positivo, xa que existe un temor infundado cara a todo o que supón "acceso aberto", e iso tamén provocou que despois da súa creación e durante anos só apostaramos por el dende a Biblioteca. Quizáis o da Universidade de Vigo comece xa con forza, nuns tempos nos que esa visión arcaica de que todo o que está libre e gratuíto non trae nada bó, de qeu só pagando pola información conseguiremos artigos bos ou que se temos nun repositorio a nosa produción científica calquera os pode plaxiar. Con esto quero agradecer a Xaquín, Carlota, Vicente e Javier todo aquel traballo que poucas veces é recoñecido, e sen o cal tal vez hoxe non a UDC non tería sido pioneira, por traballar sempre cunha visión innovadora e de futuro, por ter vislumbrado nas tebras unha luz que hoxe é un novo camiño. Gustariame qeu cando se fale do RUC se lembre o seu traballo.