martes, 17 de enero de 2017

O servizo de apoio á investigación na Biblioteca da UDC



Os Estatutos da UDC din que “a investigación, fundamento da docencia, medio para o progreso da comunidade e soporte de transferencia social do coñecemento, constitúe unha función esencial da Universidade”, e que “a  investigación é un dereito e un deber do persoal docente  e investigador”. Ademáis, indícase que a universidade  manterá “servizos de apoio á docencia e á investigación e servizos de asistencia á comunidade universitaria, coa finalidade de conseguir o mellor cumprimento dos seus   obxectivos”. A Biblioteca  da  UDC  é  un  destes  servizos,  unha  “unidade  funcional  de  xestión  de  recursos de información que da soporte ó estudo, á docencia e á investigación”.
Podemos ver como se integran nas misións clásicas da universidade estes aspectos:

  • Transmitir coñecemento: docencia 
  • Crear coñecemento: investigación. Salientamos especialmente este obxetivo xa que é unha das funcións esenciais que se propoñen dende o modelo anglosaxón, no que á investigación otórgaselle un papel primordial.
  • Conservar coñecemento: xestión e bibliotecas, arquivos e museos 

Dende a biblioteca é necesario que potenciemos estos aspectos. Por unha parte, os bibliotecarios temos novas competencias con maiores especializacións temáticas e científicas e facémonos cargo de tarefas que anteriormente soamente realizaban os investigadores: é o que se coñece como bibliotecario embebido. Por exemplo, intervención activa en todo o proceso de publicación de artigos, xestión das plataformas que manexan os investigadores, difusión das publicacións en acceso aberto, etc.
Por outra banda, a formación tamén é un aspecto clave. Mensualmente, o Servizo de Biblioteca imparte 3 cursos orientados ó PDI, co obxetivo de dotalos dos recursos e coñecementos necesarios para optimizar a visibilidade da súa produción científica nas diferentes bases de datos e redes sociais científicas:


Ademáis, dende hai dous anos, colabora xunto co CUFIE e as bibliotecas de centros na elaboración do curso semipresencial “Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos   resultados da investigación”, con 12 horas de duración repartidas en 8 teóricas en liña e 4 de prácticas en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros.
No que respecta á páxina web, o servizo de apoio á investigación ofrece información sobre servizos e recursos clasificados segundo as fases do ciclo de produción científica (publicación, difusión, preservación), e segundo aspectos relacionados co impacto da investigación (avaliación da investigación, edición, identificación e normalización e política científica), aspectos que trataranse máis profundamente en vindeiros posts.

No hay comentarios: