jueves, 26 de enero de 2017

O servizo de apoio á investigación na web da Biblioteca da UDC



Se no post da semana pasada describíamos en qué consistía o servizo de apoio á investigación dende a biblioteca universitaria, esta semana imos describir os contidos dos principais apartados de que consta éste na páxina web: 

Xeneralidades: apartado introdutorio que inclúe documentos xerais sobre a investigación, dende lexislación ou dereitos dos investigadores ata tutoriais de interese para eles. Inclúense os seguintes subapartados:

  • Metodoloxía: iniciativas e plataformas de Open Methodology, que ten como obxetivo facilitar a colaboración aberta na investigación científica, compartindo detalles metodolóxicos do traballo e as ferramentas utilizadas para a recopilación e análise de datos. 
  • Indicadores: a través dos que consultar os investigadores altamente citados, os máis influintes do mundo, así como rankings das institucións. 
  • Blogs de apoio á investigación: selección de blogs nos que se publican tanto novas sobre os últimos avances en investigación como artigos sobre recursos de apoio á carreira investigadora.

Recursos para a investigación: proporciónanse guías dos principais recursos de traballo (catálogo, xestores bibliográficos, bases de datos, revistas e libros electrónicos…), así como ferramentas 2.0 de apoio á docencia e á investigación (sistemas de almacenamento na nube, marcadores sociais, etc.)

A continuación, ofrécese información sobre servizos e recursos clasificados segundo as fases do ciclo de produción científica:

Publicación: información sobre as implicacións legais do uso da produción intelectual e da actividade investigadora propia e allea, indicacións de cómo elaborar e publicar un artigo científico, de cómo presentar, tramitar e defender a tese, cómo citar, e información sobre a ética na investigación e publicación, incluíndo recursos de detección de plaxios. Por último, inclúese un apartado sobre a publicación en acceso aberto, no que se explican as vías que existen así como tódolo relacionado coas políticas de dereitos de autor dos principais editores en canto ó autoarquivo en repositorios.

Difusión: ademáis de proporcionar información sobre revistas científicas e o RUC, posibles fontes de difusión dos resultados da investigación, existe un apartado dedicado ás redes e comunidades científicas, co obxectivo de promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os investigadores e as institucións. Ademáis de clasificacións de redes españolas, internacionais ou especializadas, son interesantes as Redes UDC, nas que participan investigadores da nosa universidade.

Preservación: céntrase no RUC, que ten como obxetivo preservar a documentación dixital derivada da actividade investigadora, docente e institucional dos membros da UDC, e nos datos abertos, dispoñibles libremente para todo o mundo, sen restriccións de dereitos de autor ou outros mecanismos de control.

Xa nun último bloque trátanse aspectos relacionados co impacto da investigación:

No hay comentarios: