lunes, 27 de febrero de 2017

As redes sociais nas bibliotecas da UDC



Se a semana pasada elaboramos un post sobre as redes sociais nas bibliotecas, ésta centrarémonos no estudo delas nas bibliotecas da UDC. Como comentabamos, a maioría das bibliotecas da UDC están presentes en redes sociais. A que máis éxito ten é Facebook, seguida de Twitter e Pinterest, e algunhas tamén contan con outras redes como blogs, Scoop, Google+, Youtube ou Flickr. Pasamos a analizar cada unha delas, facendo unha breve descripción do que difunden a través de cada rede:
  • Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín: ademáis de Facebook e Twitter, conta con Pinterest, no que dan a coñecer as novidades bibliográficas e as revistas das correspondentes titulacións, así como as exposicions ou encontros realizados na propia biblioteca.
  • Biblioteca da Escola Politécnica Superior: ten presenza en Facebook, ligado ó ámbito da enxeñaría.
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica: ten Facebook e Twitter, no que proporcionan novas relacionadas coa biblioteca, a escola, a universidade e o sector da enxeñaría, recursos de interese para realizar traballos de clase, buscar información...ou información sobre cursos e outras actividades desta universidade e doutras entidades.
  • Biblioteca da ETS de Arquitectura: conta con Facebook, Twitter e Scoop.it, ligados á novas relacionadas coa arquitectura, e con Pinterest, no que difunden as últimas compras realizadas pola biblioteca, así como información da colección de cine que posúe.
  • Biblioteca da ETS de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos: ademáis de Facebook e Twitter, no que dan conta de novas relacionadas cos ámbitos temáticos que se imparten na escola, en  Pinterest recompilan por titulación e materia  os proxectos presentados dende 2002. 
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias: é a biblioteca que ten máis redes activas na actualidade: Facebook, Twitter, canal de Youtube con videos explicativos de recursos ou servizos que ofrece a biblioteca, Google+ orientado principalmente a dar conta de eventos, cursos…e Flickr, dedicado a exposicións ou eventos.
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación: ademáis de Twitter, conta con Pinterest, especializado na colección de cine que posúe clasificado por materias, e un blog de contido variado: actividades culturais, formación, etc.
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa: conta con Facebook, para informar tanto de novas xerais como especializadas na economía e empresa, e Pinterest, no que difunden as últimas adquisicións  e os centros de interese que van elaborando.
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía: ten Facebook, Pinterest especializado en autores e outros temas literarios, e Flickr con fotografías da biblioteca e exposicións realizadas.
  • Biblioteca da Facultade de Informática: ademáis de Facebook e Twitter, conta con Pinterest, no que dan a coñecer as novidades bibliográficas cada mes, ademáis de contar cuns taboeiros dedicados á súa colección audiovisual. 
  • Biblioteca de Socioloxía e CC da Comunicación: conta con Facebook, no que ten unha presenza moi activa diariamente, e dous Pinterest: un xeral, coas novidades bibliográficas, e outro especializado na poderosa colección de cine que posúe, con completos taboeiros clasificados por xénero cinematográfico, temática, país, época, etc.
  • Biblioteca Universitaria de Oza: conta con Facebook e Twitter para difundir información principalmente relacionada coas ciencias da saúde, e Pinterest, con novedades bibliográficas, bibliografía recomendada e recursos especializados en ciencias da saúde. 
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física: ten Facebook, no que publican información relacionada coa biblioteca ou o deporte.
  • Sección de Información e Referencia: ademáis deste blog, contamos con Facebook e Twitter. O noso obxectivo nestas redes é dar a coñecer os servizos e recursos que a biblioteca pon a disposición da comunidade universitaria, ademáis de transmitir o máis relevante que suceda (novas, proxectos, eventos…) relacionado coa nosa universidade ou con entornos que nos resulten de interese.

No hay comentarios: