lunes, 6 de marzo de 2017

As redes científicas



As redes sociais científicas son plataformas específicas para investigadores que funcionan da mesma forma que as redes de ámbito xeral, pero nas que só participan persoas que realizan proxectos de investigación. Ofrecen información sobre os intereses de investigación dos usuarios, actividades nas que traballan, etc.
O seu obxectivo é promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre o persoal investigador e as institucións, facilitando a difusión e o acceso á ciencia. En xeral, estas redes permiten:

  • Compartir recursos: bibliografía, información, documentos…
  • Buscar persoas e construír grupos con intereses afíns
  • Acceder a novas científicas
  • Compartir os resultados: difundir resultados de investigacións

Algunhas das redes científicas xerais máis coñecidas son Academia.edu, recomendada para ciencias sociais e humanas e que conta con máis de 40 millóns de inscritos, e ResearchGate, para ciencia e tecnoloxía, que dispón dunha métrica propia de reputación científica: o RG Score. Entre outros obxectivos, estas redes facilitan a publicación no perfil do investigador dos seus traballos non publicados en revistas de pago na rede e a súa diseminación na comunidade.
Tamén existen redes especializadas como DHCommons (humanidades), Methodspace (metodoloxía da investigación), PubMed Commons (ciencias da saúde), etc.
Son interesantes as redes UDC, nas que participan investigadores da nosa universidade, e das que temos representación tanto a nivel galego, español así como internacional.
Un caso destacado é Science Open, que ademáis dunha rede de investigación de libre acceso, permite publicar un manuscrito mediante un proceso de revisión por pares post-publicación.

Nos últimos anos aparecen novas métricas alternativas ás métricas tradicionais, que se ocupan de recoller e medir a influencia dos artigos nas redes sociais. Son as denominadas altmetrics. Algunhas das plataformas máis recoñecidas para isto son Altmetric.com, PlumX ou Impactstory. Ó falar das altmetrics é necesario distinguilas das article-level metrics, que abarcan tódalas métricas a nivel de artigo, restrinxíndose o ámbito do primeiro á medida da influencia nas redes sociais.
En canto ós recursos electrónicos que dispoñen de módulos de métricas alternativas, podemos citar:


Se queredes ampliar os coñecementos sobre estas redes científicas, na nosa web atoparedes unha sección dedicada ás mesmas: 

No hay comentarios: