A elaboración de rankings de
universidades proliferou bastante nos últimos anos, tanto a nivel mundial como
en España. A cantidade de variables as cales atenden son infinitas: por
especialidade, en canto a nivel de investigación, comparativas de programas
académicos, etc., todo isto para definir o prestixio e a calidade das
institucións universitarias. Aínda que naceron como guía para o alumnado, os
centros os utilizan para analizar cómo se percibe o seu nivel de educación de
cara ó exterior.
Para dar resposta a este tipo de
estudos, na UDC destaca a Unidade de
Análise e Xestión de Datos (AXD), que centraliza e analiza a información para cubrir
estatísticas de carácter oficial e así poder dar unha información fiable e
contrastada que servirá para elaborar indicadores que reflictan a realidade da
institución tanto en ámbitos nacionais como internacionais. Os rankings, como
moitos outros estudos, requiren gran cantidade de información que abarca moitas
áreas funcionais da UDC, o que orixina que a unidade AXD sexa transversal a
todos os servizos da nosa universidade.
No Portal da Transparencia da UDC
inclúese un amplo apartado dedicado á UDC
nos rankings universitarios, presentando informes de cada un dos rankings,
tanto nacionais como internacionais, con datos sobre a nosa universidade en
cada un deles.
En canto ao panorama español,
recentemente publicouse o ranking 2017 da Fundación CYD, con 69 universidades
analizadas e comparadas nas súas diferentes áreas de actividade. A
clasificación mide o rendemento en variables como a ensinanza, a investigación
ou a transferencia de coñecemento. Cataluña encabeza o ranking (coa Autónoma de
Barcelona e a Pompeu Fabra), seguida de Navarra e Madrid. Ó final sitúanse
Andalucía, Extremadura e La Rioja.
A pesar da súa expansión, os
rankings tampouco están exentos de recibir críticas. Neste sentido recuperamos
como exemplo a entrevista
realizada no mes pasado a Louise Simpson,
directora da The World 100 Reputation
Network, na que reflexiona sobre a reputación destes rankings.
No hay comentarios:
Publicar un comentario