martes, 2 de mayo de 2017

Xestións en liña na biblioteca da UDC

A biblioteca da UDC ofrece a posibilidade a través da súa páxina web de que os usuarios realicen determinados trámites en liña, sen necesidade de pasar pola biblioteca. Éstes son:
  • O meu rexistro: a través desta opción o usuario poderá consultar e renovar os seus préstamos, reservar documentos, consultar e cancelar as reservas, gardar e consultar o seu historial de lectura, acceder á consulta do catálogo, seleccionar e gardar as súas buscas preferidas, solicitar alertas por correo electrónico de novas incorporacións ao catálogo de documentos que coincidan coas súas buscas preferidas, así como crear listas con documentos do catálogo que lle interesen.
    Para acceder a él será necesario indicar o voso nome e apelidos, o código de barras da tarxeta universitaria e o PIN da mesma.
  •        Contacta coa Biblioteca: formulario web a través do cal o usuario pode facer calquera consulta relacionada coa biblioteca, os nosos recursos ou servizos. Tamén podedes expresar as vosas queixas ou suxestións para ofrecervos un mellor servizo.
  •          Inscrición nos cursos de formación: a biblioteca organiza ao longo do curso académico un programa de formación de usuarios que este ano conta con catro cursos, orientados a conseguir que os usuarios coñezan e utilicen cada vez máis os recursos e servizos que teñen á súa disposición. Habitualmente convócanse tódolos meses e a través deste apartado web pódese realizar a inscrición nos mesmos.
  • Préstamo interbibliotecario: acceso: o servizo de préstamo interbibliotecario ten como obxectivo localizar e solicitar a outras bibliotecas aqueles documentos (orixinais ou copias) que non forman parte das colecciós das bibliotecas da nosa universidade. A primeira vez que o usuario utilice este servizo, deberá solicitar a alta nel a través deste apartado web. Igualmente, para realizar as peticións de documentos, utilizarase esta ligazón.
  •          Solicitar a compra de documentos: a biblioteca ofrece a posibilidade aos seus usuarios de suxerir a compra de documentos que consideredes de interese. Soamente tedes que introducir os datos que coñezades sobre a obra e seleccionar a biblioteca na que consideredes que debe figurar. A biblioteca valorará as vosas propostas.
  •          Solicitar buscas de información: se necesitades axuda coas buscas bibliográficas para os vosos traballos de clase, para comezar un traballo de investigación, etc. dende a biblioteca podemos axudarvos. A través deste formulario web podedes solicitar dita información.
  • Solicitar o carné de usuario externo: permite ás persoas que non son membros da comunidade universitaria da UDC solicitar unha tarxeta para poder acceder ó servizo de préstamo. Ademáis desta solicitude, haberá que presentar unha fotocopia do DNI. Este carné ten un ano de vixencia, que se poderá renovar sucesivamente. En canto ás condicións de préstamo dos usuarios externos, poderán levar 3 libros durante 10 días.

No hay comentarios: