A web
da biblioteca da UDC conta cunha sección de axuda destinada a resolver aquelas
dúbidas que os nosos usuarios teñan sobre os recursos e servizos das
bibliotecas desta universidade, así como para orientalos no proceso de busca da
información que necesiten.
Recentemente
este apartado pasou por un proceso de reestructuración: incoporouse a opción
“Axuda web”, da que falaremos posteriormente; ademáis, nas “Preguntas
frecuentes” realizáronse uns pequenos cambios para agrupalas nos catro bloques
principais da web: Información xeral, Recursos de información, Servizos e Xestións
en liña.
Polo
tanto, as opcións que ofrecemos actualmente aos nosos usuarios a través desta
sección son:
-
Contacta coa Biblioteca: a biblioteca ofrécevos diferentes medios para que poidades contactar connosco. Se necesitades resolver calquera cuestión relacionada coa biblioteca, os nosos recursos ou servizos, non dubidedes en facérnolo chegar. Tamén podedes expresar as vosas queixas ou suxestións para ofrecervos un mellor servizo. Podedes facelo persoalmente nos mostradores de atención das diferentes bibliotecas, telefónicamente, por e-mail ou a través dun formulario web.
-
Preguntas frecuentes: trátase dun listado coas consultas máis frecuentes nas bibliotecas clasificadas por temas: información, préstamo, recursos electrónicos, etc.
-
Guías e titoriais: inclúense tres tipos de guías:
- Guías xerais: guías con información xeral para o novo alumnado, ou sobre os servizos máis estendidos, como o préstamo.
- Guías de recursos electrónicos: titoriais de bases de datos, revistas e libros electrónicos suscritos pola biblioteca, así como dos seus principais proveedores. Estas guías pretenden facilitar o uso destes recursos electrónicos e orientar ao usuario en canto ó contido, manexo e tratamento dos resultados obtidos nas buscas bibliográficas.
- Guías das principais ferramentas de traballo: guías de uso dos recursos máis destacados que ofrecemos, como o catálogo, o repositorio (RUC), Pórtico (portal de acceso aos recursos electrónicos), o xestor de referencias bibliográficas RefWorks, etc.
-
Axuda web: é a nova sección que incorporamos recentemente. Trátase dunha réplica da páxina inicial da web da biblioteca na que se inclúe en cada apartado (catálogo, RUC, O meu rexistro...) un arquivo PDF a modo de guía-resumo das principais funcionalidades e características de cada recurso. A maiores, algunhas páxinas intermedias da web (como as dedicadas a bases de datos ou libros electrónicos) conteñen unha icona de "Info" onde tamén se incorpora dita información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario