Clarivate Analytics publicou
recentemente a listaxe anual de investigadores altamente citados baseándose na
Web of Science. Trátase da edición 2017 do “Highly
Cited Researchers”, que engloba aos principais investigadores de ciencias e
ciencias sociais de todo o mundo con máis citas no período comprendido entre
2005-2015. Esta listaxe é elaborada a partir dos artigos que están entre o 1% dos máis citados por campo e ano, publicados en revistas científicas indexadas na Web of Science Core Collection.
Ademais, os datos desta
clasificación téñense en conta para elaborar rankings de gran proxección
mundial no mundo universitario, como o ranking de Shangai.
A listaxe completa pódese
consultar neste documento de Excel, do que extraemos unha serie de datos:
- nela aparecen máis de 3500 expertos
- 58 investigadores son españois, 3 dos cales realizan o seu traballo no Sistema Universitario de Galicia
- o CSIC é a institución española con máis representantes, con 14
- no que respecta ás universidades, a Universidad de Barcelona presenta 6 autores na listaxe, e chama a atención que Madrid conte soamente con un, da Universidad Autónoma. Granada é outras das universidades con boa representación, xa que presenta 6 investigadores
Outros achados, recompilados no blog Universo Abierto son os seguintes:
- EE.UU é o país co maior número de autores na lista, seguido do Reino Unido
- destaca o terceiro lugar de China, que supón un incremento do 41% respecto ao ano anterior no que a representación de autores se refire
- 147 autores son acreditados por traballos altamente citados en máis dun campo de investigación, e 20 autores aparecen en tres campos.
- respecto ás institucións, a Universidad de Harvard encabeza a tabla institucional, seguida pola de Stanford
- o estudo tamén destaca un ranking de Hot Papers, documentos de investigación que acumulan rápidamente un gran número de citas pouco despois da súa publicación
Estas e outras conclusións
pódense consultar neste documento
en inglés de Clarivate Analytics.
No hay comentarios:
Publicar un comentario