martes, 5 de diciembre de 2017

Os libros electrónicos



O termo de libro electrónico aúna dous conceptos: o e-book e o e-text, cada un con múltiples capas e complexidades, o cal creou certas demoras na súa implementación. Está consolidándose nalgúns casos concretos nos que o libro electrónico ten un valor engadido como poden ser:

  • as obras de referencia (enciclopedias, diccionarios…)
  • materias dinámicas nas que a actualización é un requisito imprescindible, como a informática ou o dereito
  • libros nos que as imaxes cobran especial relevancia, como os de arte
  • coleccións de literatura en dominio público

A Biblioteca da UDC conta cunha ampla colección de libros electrónicos de pago que inclúe tanto obras de referencia como coleccións temáticas e multidisciplinares, que en conxunto rondan aproximadamente os 89.000 ebooks. Nos últimos anos tivo un aumento considerable, nunha mostra do apoio da UDC aos novos modelos de consumo de información.
A maiores destas coleccións, a biblioteca soe contratar algúns recursos baixo a modalidade de períodos de proba, para coñecer os títulos máis utilizados polos usuarios e así poder seleccionar entre os milleiros de títulos que se ofertan, moitas veces difíciles de xestionar.
Como exemplo disto último temos a colección multidisciplinar de Wiley, que consta de 298 ebooks adquiridos utilizando o modelo baseado na evidencia (títulos que se seleccionaron a partir dos datos de consulta e uso da colección entre máis de 19.000 libros ofertados no paquete). Desta e das demáis coleccións de libros electrónicos suscritas pola biblioteca falaremos nun vindeiro post neste blog para dar a coñecer estes recursos que poñemos á vosa disposición.

No hay comentarios: