lunes, 11 de diciembre de 2017

Os libros electrónicos na Biblioteca da UDC



A semana pasada dedicabamos un post a definir o concepto de libro electrónico e a contextualizar os seus usos na actualidade, facendo unha pequena referencia á colección de libros electrónicos subscrita pola UDC. Sinalábamos que tivo un aumento considerable nos últimos anos, nunha mostra do apoio da universidade aos novos modelos de consumo de información.
Pasamos a continuación a citar ditos recursos, nos que se inclúen tanto coleccións temáticas centradas nunha materia concreta como multidisciplinares, que en conxunto rondan aproximadamente os 89.000 ebooks.

Nas coleccións multidisciplinares temos:

  • Cambridge Core: é unha das incorporacións máis recentes. Contén 76 ebooks da editorial Cambridge University Press. 
  • E-libro. Colección Cátedra: plataforma de ebooks académicos en español. 
  • Ebook Collection (EBSCOhost): libros electrónicos de temática moi variada. 
  • Wiley Online Library: 298 ebooks de Wiley adquiridos utilizando o modelo baseado na evidencia (títulos que máis se utilizaron a partir dos datos de consulta e uso da colección).
Pola súa parte, nas coleccións temáticas contamos con:



Os libros poden consultarse a través de:
No que respecta ao acceso a estos recursos, na maioría dos casos a biblioteca dispón dun número ilimitado de licenzas, é dicir, non hai un límite de usuarios simultáneos, aínda que nalgunhas plataformas como é o caso da Biblioteca Virtual Tirant lo Blanch ou Safari Books Online existe un límite de usuarios simultáneos, especificado en cada un dos recursos.
A maiores destas coleccións, a biblioteca soe contratar algúns recursos baixo a modalidade  de periodos de proba, para coñecer os títulos máis utilizados polos usuarios e así poder seleccionar entre os  miles de títulos que se ofertan, moitas veces difíciles de xestionar.

Nesta sección de libros electrónicos non podemos esquecer unha serie de obras de referencia nas que están incluídas:

- Enciclopedias xerais como a Enciclopedia Multimedia Durvan, a Espasa Universal ou  Mienciclo Hispánica Universal;  e enciclopedias específicas como a Blackwell Encyclopedia of Sociology, a International Encyclopedia of Communication, The Wiley Blackwell Encyclopedia of Family Studies ou The Encyclopedia of Applied Linguistics.
- Dicionarios de idiomas como o Diccionario Slabý/Grossmann español-alemán ou o Oxford  English Dictionary; e diccionarios temáticos como The New Palgrave Dictionary of Economics.

No hay comentarios: