Como todos estes últimos anos
nestas datas, dende o noso blog queremos impulsar unha das misións da UDC (a
formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e
solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e
implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común),
promocionando a lectura e recomendándovos algunhas ideas para este verán.
Atoparedes diversas suxestións
nos suplementos culturais dos
periódicos, como este publicado a finais do mes pasado en Fugas, suplemento de La Voz de Galicia: Diez
libros para el verano. Neste mesmo suplemento dedicaron un artigo á
literatura galega ou traducida ao galego para este verán: Dez
libros que axudarán a non esquecer este verán.
As revistas sobre libros como Qué
leer tamén poden darvos algunhas ideas. Na UDC, podedes atopala nas
bibliotecas de Filoloxía e Arquitectura Técnica.
Os blogs de literatura son outras das fontes nas que podedes atopar opinións
ou artigos sobre literatura. Algúns exemplos son Libros y Literatura (que a
principios de ano publicaron un post sobre os 18
libros para leer en 2018, por exemplo), Elemental (blog de novela negra
do País para comentar e compartir
críticas sobre clásicos e novidades do xénero) ou Quelibroleo, que tamén funciona
como rede social.
Por outra banda, algunhas editoriais mostran nas súas webs
seleccións dos mellores libros para ler en verán. É o caso de Planeta,
que ofrece este servizo a través de varias clasificacións: “O libro do verano”,
“Novelas premiadas”, “Os mellores libros para ler este verán”, “Guías, rutas e
consellos para viaxeiros” ou “Este verán fortalece a túa vida con estos
libros”, entre outras.
Ademais, non podemos esquecernos
das seccións BIC (Biblioteca de
Interese Cultural) das bibliotecas dos centros da UDC: nelas descubriredes
lecturas para todos os gustos, como novelas, ensaios, guías de viaxe, cómics,
etc.
Por último, queremos salientar a
labor e presenza nos últimos anos de editoriais
independentes como Libros del Asteroide, Candaya, Sexto Piso, Impedimenta
ou Nórdica, etc. Moitas delas xurdiron nos anos da crise e soprendían pola
calidade das súas edicións, recuperando a autores esquecidos polas correntes
comerciais. Son editoriais que ademais, atraen lectores con catálogos que
apostan por novos escritores e temáticas diferentes.
Outras ligazóns de interese:
- La
lista definitiva de los 100 mejores libros de todos los tiempos, no portal El
Placer de la Lectura.
- Los
100 mejores libros de la literatura universal, do ABC Cultural.
- Te
recomiendo que leas este libro, artigo do suplemento Babelia no que escritores,
artistas e outras figuras da cultura recomendan un libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario