Dende
o pasado 21 de novembro e ata o vindeiro día 28, A Coruña acolle a Mobile Week, cidade elixida pola
Mobile World Capital Barcelona para acoller o primeiro evento que se celebra fóra
de Cataluña. Trátase dun espazo de reflexión sobre a transformación dixital e a
relación entre os cidadáns e a tecnoloxía, e que reúne a artistas, científicos,
filósofos, enxeñeiros…nunha iniciativa aberta para tódolos públicos e difundida
pola cidade. Ao longo desta semana, A Coruña e a súa área metropolitana serán o
punto de encontro no que se analizará e debaterá, dende diferentes
perspectivas, o cambio tecnolóxico social actual, ademais de ofrecerse máis dun
centenar de actividades (talleres, exposicións, ponencias…).
Mobile Week Coruña divide as súas
actividades en catro eixos:
A Universidade da Coruña colabora
coa Mobile Week Coruña aportando numerosas actividades. Por exemplo, de cara as
actividades desta fin de semana sinalamos as seguintes:
- Mañá sábado 24 a Facultade de
Informática acollerá o obradoiro “A hora do código. Aprendendo a programar”,
unha actividade dirixida a nenos e nenas que achegará a programación de
computadores dunha forma simple e divertida.
- Tamén o sábado terá lugar na
Fundación Barrié a mesa de debate “Futuro dixital, para tod@s?” na que
participará Susana Ladra, profesora da Facultade de Informática da UDC e
directora do Campus Innova.
- O Paraninfo da Reitoría
acollerá na tarde do sábado dúas charlas que reflexionarán sobre a ética e a
tecnoloxía con participantes como Nieves Rodríguez Brisaboa, directora do grupo
de investigación Laboratorio de Bases de Datos (LBD).
Por último, lembrámosvos que tódalas
actividades son gratuítas, aínda que é necesaria a inscrición previa a través
da páxina web da Mobile Week Coruña, onde tamén poden consultarse tódolos
detalles do programa: https://www.mobileweekcoruna.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario