lunes, 3 de diciembre de 2018

Libros académicos en acceso aberto


Na actualidade existen numerosos portais e iniciativas que ofrecen libros académicos en acceso aberto, é dicir, dispoñibles libremente en Internet, de forma que os usuarios poden consultalos ou descargalos gratuitamente.
Algúns dos portais de libros académicos en acceso aberto que destacamos son:
  • SciELO libros: libros académicos seleccionados segundo controis de calidade. 
  • OAPEN: biblioteca en liña e plataforma de publicación que da acceso a libros académicos, principalmente na área de humanidades e ciencias sociais. 
  • Open Access books on JSTOR: plataforma que contén máis de 4.000 ebooks de acceso aberto dispoñibles gratuitamente para calquera persoa que os desexe utilizar. Os usuarios non necesitan rexistrarse e non hai restriccións nin límites de DRM nas descargas ou impresión do capítulo PDF. 
  • DOAB (Directory of Open Access Books): repositorio de libros revisados por pares en acceso aberto.
Ademais, ás veces as editoriais científicas teñen un apartado con libros electrónicos gratuítos, como Libros CSIC, edición electrónica da Editorial CSIC ou SpringerOpen books, da editorial Springer. No caso do CSIC, ven de anunciar recentemente a dispoñibilidade de centos de libros en formato dixital para a súa descarga gratuíta a través da súa web. Pódense atopar libros de materias moi diversas: divulgación científica, literatura e crítica literaria, ciencias da vida, arqueoloxía… Sobre Galicia, por exemplo, hai un total de 32 libros dispoñibles. Aquí, a ligazón a noticia.
Tamén existen iniciativas de editoriais universitarias, como por exemplo a Deusto Open Books (Universidad de Deusto), Editorial UPV (Universitat Politècnica de València) ou Edit.um (Ediciones Universidad de Murcia).

Aínda que o ámbito académico é o que máis interese suscítanos, tamén podemos citar unha serie de editoriais non académicas en acceso aberto como Brill Open, importante editorial na área de humanidades con 220 libros ou Open Book Publishers, editorial de referencia na investigación en ciencias sociais e humanidades revisada por pares.
Para rematar, remitímosvos á nosa web, onde temos unha sección dedicada aos libros académicos en acceso aberto e onde podedes atopar moitas máis plataformas de acceso a este tipo de recursos.

No hay comentarios: