No post desta semana tratamos os
xestores bibliográficos. Son programas que axudan a estudantes e investigadores
na súa tarefa de organizar e xestionar as múltiples referencias bibliográficas
que manexan, a crear bibliografías cun formato de cita normalizado ou a
compartir referencias con outros usuarios.
Desde os primeros que xurdiron, Procite e EndNote en versión local, apareceron moitos máis en versión en
liña ou coas dúas opcións: Zotero, desenvolto polo navegador
Mozilla Firefox; Mendeley, tamén aberto e cun potente
módulo de estatísticas; Docear, xestor aberto que tamén permite facer anotacións nos
textos e traballar con fórmulas LateX, do mesmo xeito que BiBteX; Citavi, programa aberto con moitas
funcionalidades para buscar información, citar, organizar o traballo e
traballar en equipo, entre outros.
A Universidade da Coruña pon a
disposición da comunidade universitaria dous xestores: RefWorks e EndNote.
RefWorks
é un produto de pago da empresa Proquest, mantido pola súa división
tecnolóxica, ExLibris. Nestes momentos hai dúas versión de RefWorks: o RefWorks
Legacy e o Novo RefWorks. Aínda que Proquest non ten pensado pechar o antigo
RefWorks no ano 2019, convén pasarse á nova versión. Na web de Proquest temos
acceso a manuais
e a formación en liña da ferramenta.
O acceso a EndNote vén dado pola Fecyt a través da
Web of Science. Existen dúas versións, escritorio e en liña, que se sincronizan
entre elas para compartir todas as referencias. A UDC dá acceso a EndNote Basic, ferramenta máis limitada
que só ten versión en liña e permite almacenar 50.000 referencias e 2Gb de
documentos adxuntos. Nesta ligazón vanse recollendo todas as xornadas de formación de Clarivate Analytics.
Outros xestores que destacamos dende a
biblioteca son:
- Zotero, xestor de
bibliografía gratuíto elaborado con software libre. É un dos xestores con
mellor compatibilidade para captar referencias de Internet.
- Mendeley: xestor de referencias libre e
multiplataforma, que dispón de versión local e de versión web, coa posibilidade
de sincronizar as dúas automáticamente. O seu módulo de citas facilita moita
información sobre os documentos máis populares ou lidos en Mendeley. Tamén
destaca como xestor de referencias sociais para compartir o traballo de
investigación con colegas, pois ten un módulo de xestión de grupos.
Nunha INFOguía
incluída na web da biblioteca podedes consultar unha táboa comparativa das
funcionalidades que ofrecen estes xestores citados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario