martes, 26 de febrero de 2019

O output da actividade científica da UDC na Web of Science e Scopus: 2008-2018

Neste post imos a analizar os datos relativos ó output da actividade científica da UDC nos últimos 10 anos segundo as bases de datos da Web of Science (WoS) e Scopus. Constitúen o seu output os artigos, actas de congresos, libros e capítulos…elaborados polo seu PDI, é dicir, a produción científica da universidade 
Datos extraídos da Web of Science: 
Na década transcorrida entre 2008 e 2018 atopamos na WoS 10.233 documentos, dos que 2.500 están en acceso aberto. 
Tendo en conta as áreas de investigación, na seguinte imaxe podemos comprobar que as 3 áreas cun maior número de documentos son Enxeñaría, Ciencias da Computación e Química: 
 
Se temos en conta os tipos de documentos, os artigos son claramente a tipoloxía máis numerosa, con 7.161 (o 69,97%), seguidos das ponencias de congresos con 1.375 documentos (o 13,43%) e os resumos de comunicacións con 1.059 (o 10,34%), tal e como se observa nesta táboa: 
  
No seguinte gráfico podemos ver o número de documentos por ano. Debemos especificar que os datos de 2018 aínda non son comparables aos dos anos anteriores, xa que non recollen tódolos traballos publicados en 2018, dado o breve lapso de tempo transcurrido dende o fin de ano. Os datos dos anos entre 2008 e 2017 xa se consideran consolidados polo paso de polo menos un ano 
 

Datos extraídos de Scopus: 
Na década transcorrida entre 2008 e 2018 atopamos en Scopus 9.790 documentos, dos que 1.739 están en acceso aberto. 
Segundo as áreas de investigación, o seguinte gráfico mostra que a maioría de documentos pertencen a “outros”, é dicir, non pertencerían a ningunha das outras materias sinaladas. Ciencia da Computación e Medicina serían as outras dúas áreas con máis representación:  
 

Se temos en conta os tipos de documentos, ao igual que no caso da WoS, os artigos son claramente a tipoloxía máis numerosa, cun 69%, seguidos moi de lonxe das ponencias de congresos (17,1%): 
 
A evolución do número de documentos por ano podémola analizar no seguinte gráfico, no que observamos que, agás no ano 2014 que hai unha pequena baixada, a tendencia habitual é en aumento: 

No hay comentarios: