Este
post está dedicado a Publons,
pois como sabedes, desde o 15 de abril ResearcherID desapareceu e os seus
perfís públicos –non os privados- pasan a formar parte de Publons. Os perfís
privados perdéronse aínda que se conservan a listaxe de publicacións en
EndNote. Polo demais, o cambio á nova plataforma é automático: o identificador
e as contas de ResearcherID engádense automáticamente ao perfil de Publons e, de
haber conflicto entre a información de ResearcherID e a de Publons, retense a
información de Publons. Para entrar, empregarase o mesmo correo e contrasinal
que se tiña en ResearcherID.
A diferencia de ResearcherID, a nova
plataforma axuda claramente ao investigador a demostrar a súa experiencia como
autor, como revisor e como editor desde un único lugar.
Estas
son as principais novidades:
- Rastrexar e actualizar as citas en función da Core Collection da WoS.
- Engadir publicacións e métricas de citas ao perfil destas maneiras:
- - Importar as publicacións desde a WOS
o
Desde
a pestana “Publications” dentro do taboleiro do perfil, seleccionamos “Import
from Web of Science”.
o
Engadir as publicacións desde a propia WoS mediante a
pestana “Claim on Publons – track citations”.
- - Outras maneiras de engadir publicacións:
o
Importar
desde ORCID. É moi importante enlazar
a conta de ORCID co perfil en Publons, so leva uns poucos clicks que a
continuación permiten xa exportar e importar información entre as dúas contas
de maneira sinxela, directa e rápida.
o
Cargar
un ficheiro RIS, BibTex ou CSV desde un xestor de referencias.
o
Importar
por DOI ou por título desde a web.
- Rastrexar, verificar e amosar o noso traballo como revisor e como editor de publicacións periódicas.
- A plataforma permite descargar o expediente académico co noso impacto como autor, revisor e editor.
- Pódense recibir notificacións sobre a actividade relacionada co noso traballo ben cando as nosas publicacións reciben revisións despois de ser publicadas, cando as revisións son anotadas por editores ou colegas expertos ou ben cando as publicacións que revisamos son publicadas e onde as podemos ler.
- Permite seguir publicacións e recibir notificacións cando hai novas revisións, anotacións ou comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario