Actualmente é frecuente que o
profesorado universitario poña a disposición do alumnado materiais obxecto de
dereitos de autor nas aulas virtuais como complemento ao labor desenvolto na
aula. Neste sentido, é necesario coñecer as condicións nas que se poden
reproducir, distribuír e comunicar publicamente estes materiais e facer un bo
uso deles. Con esta publicación pretendemos dar a coñecer os usos permitidos
pola lexislación vixente, especificando o que se pode subir á aula virtual, así
como os usos non lícitos.
Nesta infografía elaborada pola Biblioteca de la Universidad de Extremadura resúmense tanto os
usos permitidos como os que non. Nós detallámolos nas seguintes listaxes:
Usos permitidos:
- Obras propias sempre que non se cederan os dereitos de explotación a terceiros
- Materiais con licenzas libres Creative Commons e materiais en dominio público
- Disposicións legais e regulamentarias, resolucións de órganos xurisdicionais, actos, acordos, deliberacións e ditames de organismos públicos e traducións oficiais de todos eles
- Fragmentos de obras de natureza escrita, sonora ou audiovisual, ou obras plásticas ou fotográficas illadas, sempre que se trate de:
- Obras xa divulgadas
- Indicando o autor e a referencia bibliográfica
- A inclusión do texto ten que estar xustificada como cita, análise, comentario ou xuízo crítico
- Que só teñan acceso a través de redes internas e pechadas os alumnos e o persoal docente ou investigador do centro
- Documentos subscritos pola biblioteca da UDC sempre que o permitan as licenzas asinadas cos proveedores
- Dixitalización dun capítulo dun libro, o 10% das páxinas dun libro ou un artigo de revista
Pola contra, son usos non lícitos:
- Unha partitura musical
- Máis dun 10% dun manual universitario ou libro de texto
- Obras dun só uso, por exemplo, caderno de exercicios
- Unha obra impresa completa, unha obra audivisual, unha obra radiofónica, un musical, un programa de ordenador
- Máis dun capítulo dun libro
- Máis do 10% do total dunha obra
- As recompilacións de fragmentos ou imaxes
Máis información:
- Propiedade intelectual e dereitos de autor:
Aula virtual (INFOguía UDC)
No hay comentarios:
Publicar un comentario