O pasado mes de febreiro asinouse
este protocolo
xeral de actuación entre a Biblioteca Nacional de España (BNE) e a
Universidade da Coruña (proxecto Biblioteca Digital Siglo de Oro- BIDISO) para
o fomento da colaboración en investigación entre as dúas entidades.
Antes de difundir algún resultado
que xa xurdiu desa colaboración, imos comezar ofrecendo unha chisca de
información sobre o proxecto BIDISO,
que leva traballando na recuperación e estudo do patrimonio bibliográfico desde
1994 e que ten como responsables a Nieves Pena Sueiro (Profesora Titular de
Literatura Española da UDC) e Sagrario López Poza (Catedrática de Literatura
Española, actualmente xubilada e vinculada á UDC como profesora honoraria).
Trátase dunha base de datos que contén unha nutrida colección de referencias
bibliográficas sobre literatura emblemática, relacións de sucesos, polianteas e
outras publicacións sobre a cultura e a literatura dos Séculos de Ouro.
Unha das liñas de investigación
deste proxecto é a localización, catalogación e estudo de relacións de sucesos
(textos de carácter informativo que se publicaron desde finais do século XV en Europa, precedentes dos periódicos
actuais). De feito, é o responsable da creación do Catálogo y Biblioteca Digital de Relaciones
de sucesos, que reúne información bibliográfica sobre relacións de sucesos
impresas entre os séculos XVI ao XVIII conservadas en bibliotecas de todo o
mundo.
Como a BNE conserva un fondo moi
rico destes documentos, a colaboración co proxecto BIDISO contribuíu á súa
recuperación e posta en valor. Como resultado, hoxe inaugurouse a exposición Noticias
verdaderas, maravillosos prodigios. Relaciones de sucesos en la BNE y los
orígenes del periodismo, que mostra unha selección de exemplares da súa magnífica
colección. Estas relacións de sucesos expostas relatan feitos para informar ou
entreter ao receptor con acontecementos moi variados: bélicos, políticos,
festivos, etc., e significaron o arranque do fenómeno da prensa. Ademais de
pezas anónimas, tamén se poden ver relacións escritas por poetas como Lope de
Vega ou Quevedo.
Con motivo desta exposición, o vindeiro martes 5 de abril ás 18:30 h. tamén celebrarase a conferencia “Si las narraciones fueran solo memoria de los sucesos no tuvieran gusto ni utilidad: Las noticias verdaderas y el origen del periodismo”, que poderá seguirse en directo nesta ligazón.
Ligazóns de interese:
No hay comentarios:
Publicar un comentario