Mañá sábado día 23 celébrase o
Día do Libro, fixado pola UNESCO desde 1995 nesta data por coincidir co
falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare ou Garcilaso de la
Vega. Cada ano, xunto con organizacións profesionais do mundo do libro, elixen
unha capital mundial do libro: este ano recaeu en Guadalajara (México), que foi
seleccionada polo plan integral de políticas en torno ao libro como concepto
para desencadear o cambio social, combater a violencia e construír unha cultura
de paz para os seus cidadáns. Lembramos que nesta cidade celébrase a Feria
Internacional del Libro de Guadalajara, o evento anual máis importante do seu
tipo no mundo de fala hispana.
Pouca xente coñece a orixe
española desta iniciativa ou o feito de que en España, a celebración deste día nos
seus comezos estaba fixada o 7 de outubro, data na que se consideraba que había
nacido Cervantes. Podedes descubrir curiosidades da historia da celebración do
Día do Libro neste pequeno vídeo.
O cartel elixido este ano polo
Ministerio de Cultura y Deporte para conmemorar este día, e que acompaña a esta
publicación, céntrase na figura de Cristina
Peri Rossi, Premio Cervantes na súa última edición, e foi deseñado pola
ilustradora Elena Odriozola, gañadora do Premio Nacional de Ilustración 2015.
Como é habitual, desde numerosas
institucións culturais desenvolveranse actividades arredor deste día. Da
Biblioteca Nacional de España recuperamos este artigo especial que publicou esta
semana no seu blog: en “Tiempo
de hambre de libros y sed de lectura” cóntannos como se popularizou o
costume de sacar os libros á rúa a principios do século XX.
Na nosa comunidade autónoma,
Ferrol acolle dende hoxe e ata o domingo a primeira Feira do Libro de Galicia
deste 2022, cun programa de firmas de autores e divesas actividades. O programa
completo pódese consultar nesta ligazón.
Tamén na Coruña terán lugar diversos actos, como o promovido pola iniciativa
cultural Arte Viva, que no Círculo de Artesáns acollerá o Festival
do Día do Libro e a Rosa, con encontros literarios, un mercadillo literario
ou unha exposición composta por textos de escritores de todo o mundo.
As librarías tamén nos convidan a
celebralo con elas e desde CEGAL lémbrannos que este día as compras teñen un
10% de desconto. Para quen non poida desprazarse a súa libraría, a plataforma
de comercio online das librarías independentes, todostuslibros.com, ofrece
información sobre os libros máis vendidos e recomendacións sobre cómics e
libros para todas as idades.
Outras ligazóns de interese:
- 7
escritoras y escritores imprescindibles para celebrar el Día del Libro en RTVE
Play
- Cinco
propuestas del CSIC para celebrar el Día del Libro
- Los 20 mejores títulos y novedades para este Día del Libro, según Página Dos
No hay comentarios:
Publicar un comentario