viernes, 30 de septiembre de 2022

Libros prohibidos en USA




Desde hai 40 anos, durante a última semana de setembro, ven celebrándose a Semana dos libros prohibidos, unha campaña anual de concienciación promovida pola ALA e Amnistía internacional para reivindicar a libertade de lectura, íntimamente ligada ao dereito á liberdade de pensamento e de información. Esta iniciativa proponse chamar a atención sobre os intentos de censura que teñen lugar en todo o mundo.  


As bibliotecas xogan o importante rol na  sociedade de fomentar a lectura e asegurar o acceso á cultura. Pero tamén ten o deber de poñer en mans dos usuarios a suficiente variedade de documentos para que os lectores poidan formar un xuizo crítico, cualidade imprescindible en calquera sociedade democrática. 


No que levamos de ano, ata o 31 de agosto de 2022, a ALA recolleu en Unite Against Book Bans un total de 681 intentos de prohibir ou restrinxir recursos nas bibliotecas que afectaron a 1651 títulos únicos. Isto supón un aumento das tentativas de veto en is dun 40% con respecto ao ano anterior e un aumento dun 55% no número de títulos afectados. Este ano ao redor dun 70% das iniciativas censoras tan como objecto is dun libro á vez, mentres que o ano pasado as reclamacións individuais (obra a obra) eran as is comúns 


Según PEN América durante o 2022 a censura afectou en USA a 1553 creadores, entre escritores, ilustradores e tradutores. O número de casos rexistrados varía en función de cada estado, sendo esta práctica notablemente máis frecuente nos Estados de Texas e Florida. 


As materias que is suscitaron a prohibición son as relacionadas con temática LGTBQ+, identidade sexual e de xénero, raza, sexualidade (consellos a adolescentes, embarazo, aborto, agresións sexuais, relacións...), dereitos e activismo, etc. 

Neste marco xurden iniciativas como a campaña Books for All da Biblioteca Pública de Nova York, que tratan de paliar esta situación poñendo á disposición do público de xeito gratuito unha selección de libros retirados ou censurados en Estados de maioría republicana. 


Segundo a presidenta da ALA, Lessa Kananiʻopua Pelayo-Lozada, este aumento dos ataques a categorías enteiras por riba dos libros concretos obedece a un esforzo político coordinado para silenciar voces marxinadas, infrarrepresentadas, disidentes e puntos de vista diversos que de algún modo ten que ver coa polarización cada vez máis exacerbada da opinión pública, non nos Estados Unidos.  


Nesa mesma ña maniféstase PEN America no seu informe Banned in the USA: Rising School Book Bans Threaten Free Expression and Students’ First Amendment Rights (April 2022) no que, falando dos libros escolares, afírman que “a gran maioría das prohibicións de libros que se levan a cabo hoxe en día non son expresións espontáneas e orgánicas da preocupación dos ciudadáns. Máis bien, reflexan o traballo dun número crecente de grupos de presion que fixeron de esixir a censura de certos libros e ideas nas escolas a súa misión”. 


Esta corrente intolerante ten como fenómeno paralelo nas redes a práctica do boicot, silenciamento e acantoamento de aquelas persoas ou institucións que non satisfán as expectativas do cidadán defendendo os valores consensuados. Este azoute/ castigo dixital é coñecido como “cultura da cancelación” e xera un clima que dificulta o diálogo e o debate sobre problemas éticos ou morais complexos xa que se eliminan os matices e se ignoran os contextos, imposibilitando o labor educativo e a corrección pedagóxica, sobre todo en ámbitos activistas (Garnett Achieng). 


Todos os países, en maior ou menor medida ten un pasado censor no ámbito literario. A ALA recolle algúns clásicos censurados en USA e tamén podemos consultar na súa web, as listaxes anuais dos 10 libros máis cuestionados (desde o 2001) e os motivos das queixas.   


Algúns deses libros is recentes os temos na biblioteca da UDC: 


Podes consultar que obras temos na BUDC ao redor a censura literaria no seguinte taboleiro en Pinterest. Cada un dos títulos conducirache ao rexistro do catálogo para que o poidas levar en préstamo ou consultar online no caso de ser posible. 




No hay comentarios: