miércoles, 26 de abril de 2023


Highly Cited Researchers 2022: investigadores altamente citados

 

En novembro de 2022 Clarivate Analytics publicou a listaxe anual de investigadores altamente citados baseándose na Web of Science. Trátase da edición 2022 do Highly Cited Researchers, que engloba os principais investigadores de ciencias e ciencias sociais de todo o mundo con máis citas no período comprendido entre 2011-2021. Esta listaxe é elaborada a partir dos artigos que están entre o 1% dos máis citados por campo e ano, publicados en revistas científicas indexadas na Web of Science Core Collection. Os investigadores son seleccionados polo seu rendemento excepcional nun ou máis dos 21 campos (os utilizados nos Essential Science Indicators).

Da listaxe que ofrece a web extraemos unha serie de datos:


·       Nela aparecen 6938 expertos, dos que 101 son españois

·       Corresponde con 7225 designacións de autor (ao aparecer en máis dun campo). Cerca dos 4000 expertos circunscríbense a un so dos 21 campos do ESI, e algo máis de 3200 a campos cruzados (dous ou máis de dous).

·       O campo que recibe más citas é, de lonxe, o de Medicina Clínica, que acapara ao redor dun 15,5% delas.

·       O CSIC segue a ser, como os últimos anos, a institución española con máis representantes (15)

·       No que respecta ás universidades, as Universidad de Barcelona é a Universidade de Granada empatan (9) sendo as institucións con máis investigadores altamente cualificados

·       O Sistema Universitario de Galicia ten 4 representantes correspondentes á Universidade de Vigo que teñen esta institución como filiación principal ou secundaria.

Outros datos de interese son que EE.UU, con 2.764 investigadores altamente citados, é o país co maior número de autores na lista (un 38,3% do total), seguido de China con 1169 (16,2% do total). O resto de países que ocupan o top 10 son Reino Unido 579, Alemaña 367, Australia 337, Canadá 226, Netherlands 210, Francia 134, Suiza 112 e Singapur 106. España descende este ano desde o posto 10 ata a 12ª posición do ranking, por detrás de Italia.

Chama a atención que Clarivate exclúe a Arabia Saudí deste top 10 a pesar de contar 113 investigadores firmando no seu nome debido aos casos de ‘fichaxes’ fraudulentos de investigadores, entre eles 11 españois, que sinalamos no post anterior. Se normalmente é habitual depurar os datos para combater as retractacións provocadas pola mala conducta científica (autocitas, plaxio, manipulación de imaxes ou peer reviews falsos), no apartado de metodoloxía empresa advirte que este ano foi preciso aumentar os controis na xeración das listaxes debido a este fenómeno. Os autores que levaron a cabo a práctica de cambiar a súa filiación primaria a unha institución na que realmente non traballan de maneira efectiva pasaron a considerarse Investigadores asociados e non propios da nova universidade que os fichou e foron excluídos dos cómputos por países e institucións.

Respecto ás institucións, a Universidad de Harvard segue encabezando a lista, con 233 investigadores, seguida pola Chinese Academy of Sciences con 228 e a Universidade de Standford conserva o terceiro posto do ano pasado con 126 investigadores.

Da importancia da listaxe de exportos da fe a inclusión anual de gañadores de Premios Nobel. Este ano ano a dita listaxe está conformada por 20 persoas, ás que hai que sumar dous anunciados este ano (decembro 2022): Anton Zeilinger da Academia das Ciencias de Austria (Física) e Svante Pääbo, da Sociedade Max Plack (Medicina).

Estas e outras conclusións pódense consultar neste apartado da web de Clarivate Analytics.


No hay comentarios: