martes, 2 de mayo de 2023

O impacto da actividade científica da UDC: actualización 2022


Neste post imos actualizar os datos do impacto das publicacións científicas da UDC mediante a análise de citas da Web of Science (WoS).

Limitamos a produción aos anos 2016-2022. Neles e segundo a WoS, publicáronse 9.882 documentos:


Observamos que a cifra sobe progresivamente nos últimos anos:  

Anos 

2016 

2017

2018

2019 

2020

2021

2022

Publicacións 

1.229

1.277

1.328

1.567

1.546

1.555

1.174



En canto ao número de citas anual, é cada vez máis alto. No gráfico pode verse para cada ano o número de citas que recibiron os artigos da UDC publicados nese periodo de tempo:  

Anos 

2016

2017 

2018

2019 

2020 

2021 

2022 

Citas 

826

3.609

7.305

12.065

17.846

25.256

27.799


O número total de citas foi de 101.612 (115.563 na última actualización de 2021); sen citas propias: 92.235.

O número total de artigos nos que se cita foi de 84.275; sen citas propias: 80.465.


A maior parte das citas proveñen de investigadores das seguintes institucións: 


O índice h é 93 (103 na última actualización de 2021).

Por anos, o índice h é o seguinte: 


Anos 

2016 

2017 

2018

2019 

2020 

2021

2022 

Índice h 

59

49

55

52

41

29

12

Pode observarse que o índice h descende a medida que nos achegamos á data actual, pero subirá co tempo a medida que se vaian recollendo máis citas.  


Filiacións: o persoal investigador da UDC colabora con investigadores das seguintes institucións:


Finaciadores: as súas publicación están maioritariamente financiadas por:

Publicacións: publica principalmente nas seguintes cabeceiras:

Tipoloxía documental: predominaron os artigos de revista, seguidos a moita distancia dos resumos de comunicacións:  

Editores: a selección de editores resultaría a seguinte:

Areas de investigación: a UDC tén máis presenza en:

Na listaxe de universidades españolas por número de documentos incluídos na WoS no 2022 a UDC ocupa o posto número 32. 



No hay comentarios: