viernes, 5 de mayo de 2023



O Goberno aproba a Estratexia Nacional de Ciencia Aberta (ENCA)

 

Este mércores, 3 de maio, o Consello de Ministros aprobou a primeira Estratexia Nacional de Ciencia Aberta para o periodo 2023-2027, elaborada polo Ministerio de Ciencia e Innovacion o de Universidades.

A finalidade é por a ciencia en valor como ben común e implementar o acceso aberto aos resultados e datos de investigación financiados con fondos públicos, cumprindo e desenvolvendo a nova Ley de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, en concreto o seu artigo 37.

Esta iniciativa aplica e segue a senda, a nivel nacional, das políticas científicas que levan anos fomentándose no ámbito europeo e global a través de o Espacio Europeo de Investigación e Innovación (ERA), o Horizonte Europa (2021-2027), a European Open Science Cloud (EOSC), as conclusións do Consejo sobre Evaluación de la Investigación e Implementación de la Ciencia Abierta, as recomendacions da OCDE e da UNESCO, eo Plan S do Consejo Europeo de Investigación (ERC).

 

A Estratexia establece catro objectivos estratéxicos:

  1. Garantir a existencia de infraestruturas dixitais interoperables suficientemente robustas e ben articuladas como para absorber o impacto da implementación de unha política nacional de ciencia aberta e facilitar a súa integración no ecosistema internacional e europeo (European Open Science Cloud (EOSC)).
  2. Fomentar la adecuada xestión de los datos de investigación xerados polo sistema nacional de I+D+i a través dos principios FAIR (Findable, Accesible, Interoperable, Reusable) para aumentar a súa localización, accesibilidade, interoperabilidade e reusabilidade. 
  3. Implementar o acceso aberto e gratuito por defecto ás publicacións e resultados científicos financiados de forma directa ou indirecta con fondos públicos, para toda a cidadanía.
  4. Establecer novos mecanismos de avaliación da investigación e un sistema de incentivos e recoñecemientos dirixidos a impulsar as prácticas de ciencia aberta, así como capacitar a todo o persoal (investigador, xestor, financiador, avaliador) para alinear o seu desempeño profesional con los principios da ciencia aberta.

 

A ciencia aberta é unha vertiente máis dun movemento maior que é o coñecemento aberto que busca abrir a información científica á sociedade para facilitar o seu aproveitamento, sen cortapisas tecnolóxicas, legais ou económicas e asegurar a preservación dixital a longo prazo.

Un atranco para o seu desenvolvemento é o papel dominante que xogan certas editoriais no sistema de comunicación científica y as dinámicas prexudiciais que se instauran entre os investigadores por publicar en certas cabeceiras e entre as universidades por contar entre a súa plantilla cos científicos máis reputados para subir nos rankings (fontes de financiación institucional).

O cambio no actual modelo de avaliación científica, que busca un equilibrio entre os valores cualitativos e cuantitativos da produción científica e incentivar as prácticas que favorecen a ciencia aberta, xunto coa influencia dos mandatos dos financiadores (cenoria e pau) son factores fundamentais cara implantación efectiva da ciencia aberta no mundo.


A Biblioteca da Universidade da Coruña apoia a Estratexia Nacional de Ciencia Aberta e facilita ao persoal investigador o cumprimiento dos seus objectivos a través destes servizos:

  • RUC, Repositorio institucional da Universidade da Coruña como infraestructura dixital para a ciencia aberta.
  • Difusión da ciencia abierta na UDC e capacitación ao persoal investigador en ciencia aberta.

 

Máis información: accesoaberto.biblioteca@udc.es

 

No hay comentarios: