viernes, 7 de julio de 2023

As publicacións científicas da UDC no 2022 segundo as bases de datos Web of Science e Scopus




En anteriores post analizamos o impacto e o output da actividade científica da UDC nos últimos 10 anos segundo as bases de datos Web of Science (WoS) e Scopus. Neste novo post recompilaremos os datos máis destacados das publicacións de 2022 recollidas en ambas bases de datos.



O número de documentos na WoS neste último ano é de 1412, dos que 907 figuran en acceso aberto. Refinando máis este último aspecto, extraemos os seguintes datos:

- 459 pertencen á versión Dorado, que son artigos que se publican en revistas rexistradas no “Directorio de revistas de acceso abierto” (DOAJ).

- 263 á versión Dorado híbrido: son artigos de acceso aberto que teñen unha licenza de Creative Commons (CC) da base de datos Unpaywall de Our Research, pero non están rexistradas en DOAJ.

- 55 á versión Lectura gratuita: a licenza destes artigos non está moi clara ou aparecen na base de datos Unpaywall de Our Research, como artigos sen licenza de CC. Son artigos que se poden consultar de forma gratuíta ou artigos de acceso público que se atopan en sitios web de editoriais.

- 599 á versión verde e publicado: son versións finais e publicadas de artigos aloxados en repositorios institucionais ou temáticos.

- Hai 197 documentos de versión verde que están na fase de enviados ou enviados e aceptados, pero sen publicar.



Segundo a tipoloxía documental, os artigos son claramente a tipoloxía máis numerosa, con 1042 documentos (o 73,8%), seguidos das comunicación en congresos con 206 (o 14,58%), tal e como se observa no seguinte gráfico de elaboración propia:


En Scopus atopamos datos similares: constan 1381 documentos do 2022, dos que 945 están en acceso aberto. Os artigos son tamén a tipoloxía máis numerosa con 1073 documentos (o 77,7%), seguidos das comunicacións en congresos con 123 (o 8,9%). Tanto estas como as demais tipoloxías documentais distribúense da seguinte forma:


Se temos en conta as áreas de investigación, na seguinte táboa da WoS podemos comprobar que as 3 áreas cun maior número de documentos no 2022 foron Enxeñaría (cun 10,9%), Ciencias da Computación (10,7%) e Química (7,2%):


En Scopus, a distribución por materias dos documentos do 2022 pódese observar no seguinte gráfico de elaboración propia. As áreas de Medicina, Ciencias da Computación e Enxeñaría son as que obteñen unha maior representación no 2018:



En canto ás institucións colaboradoras coa UDC ao longo do 2022, as primeiras posicións do ranking na WoS corresponden a:


En Scopus:






No hay comentarios: