viernes, 16 de junio de 2023

O output da actividade científica da UDC na Web of Science e Scopus: 2012-2022



Con esta publicación, continuamos as series anuais que viñamos dedicando ao estudo da produción científica da UDC. Comezamos coa análise dos datos relativos ó output da actividade científica da UDC nos últimos 10 anos segundo as bases de datos da Web of Science (WoS) e Scopus. Constitúen o seu output os artigos, actas de congresos, libros e capítulos de libros…elaborados polo seu PDI, é dicir, a produción científica da universidade. 


Segundo a base de datos Web of Science, na década transcorrida entre 2012 e 2022 atopamos en WoS 13.649 documentos, dos que 6.442 están en acceso aberto. Se comparamos estes datos coa análise do período 2009-2019 realizado o ano pasado nestas datas, observamos un sensible ascenso no número de documentos e un aumento moi pronunciado na súa dispoñibilidade en aberto, doblándose os datos (11.358 documentos e 3.361 en acceso aberto no período 2009-2019).


Tendo en conta as áreas de investigación, na seguinte imaxe vemos que que as 3 áreas cun maior número de documentos seguen sendo Enxeñaría, Ciencias da Computación e Química:


Respecto aostipos de documentos, os artigos son claramente a tipoloxía máis numerosa, con 9.744 documentos (o 71,39%), seguidos das ponencias de congresos con 1.378 (o 10,1%) e os resumos de comunicacións con 1.261 (o 9,23%), tal e como se observa nesta táboa: 


No seguinte gráfico podemos ver o número de documentos por ano. Debemos especificar que os datos de 2022 aínda non son comparables aos dos anos anteriores, xa que non recollen tódolos traballos publicados en 2022, dado o breve lapso de tempo transcorrido dende o fin de ano. Os datos dos anos entre 2009 e 2018 xa se poden considerar consolidados polo paso de polo menos un ano:   



Pola súa banda, na base de datos Scopus, na década transcorrida entre 2012 e 2022 figuran 12.454 documentos, dos que 5.955 están en acceso aberto. Do mesmo xeito que sucedía con WoS, obsérvase un aumento do número de documentos con respecto a análise do período 2009-2019 e un incrementeo importantísimo na publicación en aberto. 

 

Segundo as áreas de investigación, o seguinte gráfico amosa que a maioría de documentos pertencen a “outros”, é dicir, non pertencerían a ningunha das materias sinaladas. Ciencias da Computación e Medicina serían as outras dúas áreas con máis representación:   



Se temos en conta os tipos de documentos, ao igual que no caso de WoS, os artigos son a tipoloxía máis numerosa, cun 72,3%, seguidos moi de lonxe das ponencias de congresos (13,8%): 


Se temos en conta os tipos de documentos, ao igual que no caso de WoS, os artigos son a tipoloxía máis numerosa, cun 72,3%, seguidos moi de lonxe das ponencias de congresos (13,8%): 








No hay comentarios: