viernes, 1 de septiembre de 2023

Ranking Web de Universidades - Webometrics: actualización xullo 2023


 


Con motivo da actualización a principios do ano do Ranking Web de Universidades, nesta publicación comentaremos brevemente os resultados obtidos, especialmente os datos que afectan á UDC. Este ranking é publicado polo Laboratorio de Cibermetría, grupo de investigación que pertence ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), para medir a presenza na web e a visibilidade das universidades e institucións de educación superior. Dende 2004, publícase dúas veces ao ano: unha a finais de xaneiro e outra a finais de xullo.


As institucións de educación superior aparecen clasificadas de acordo a 3 criterios:

  • Impacto: constrúese a partir das ligazóns recibidas de terceiros. Ten un valor do 50%.
  • Apertura: número de citas dos principais autores segundo a fonte Google Scholar Citations. Ten un valor do 10%.
  • Excelencia: inclúe os artigos de calidade situados entre o 10% máis citado de cada especialidade. Ten un valor do 40%.

No que respecta a España, os primeiros postos ocúpaos a Universidad de Barcelona e a Complutense de Madrid. A UDC atópase no posto 34 de 276 institucións incluídas. As outras universidades galegas, Vigo e Santiago, ocupan as posicións 40 e 54 respectivamente.

A nivel de Europa, liderada pola Universidad de Oxford, a UDC aparece no posto 356 de 6000, e a nivel mundial, no que se atopa en primeiro lugar a Universidad de Harvard, a UDC ocupa o posto 889 das máis de 11989 instituciones incluídas. Estes datos sitúan á UDC entre o 7,5% das universidades con maior rendemento web do mundo, entre o 6% en Europa e entre o 12,4% en España.

Por indicadores, a UDC sitúase no posto 1129 en impacto (36º posto a nivel España), no 679 en apertura (30º posto a nivel de España), e no 1204 en excelencia (40º posto a nivel de España).

No hay comentarios: