lunes, 6 de mayo de 2024

Incites e Scival


Incites e Scival, principais ferramentas de análise bibliométrico, estarán abertas á comunidade universitaria ata maio de 2025. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de Universidades e coas tres universidades do SUG e o CISUG financiarán o acceso para toda a comunidade universitaria galega.

Estas bases de datos permiten analizar a produción científica, identificar tendencias de investigación, medir o impacto dos investigadores e as institucións, e visualizar redes de colaboración. Teñen a garantía de estar baseadas na Web of Scinece e Scopus.

Incites Benchmarking and Analytics: É unha ferramenta analítica que utiliza os datos de Web of Science e Journal Citation Reports de Clarivate Analytics. para comparar o impacto académico de cerca de 18.000 institucións, revistas e investigadores e grupos, empregando indicadores normalizados.

Scival (Módulo Benchmarking/Compare): É unha ferramenta de análise bibliométrica que brinda acceso ao rendemento de máis de 21.000 institucións de investigación e os seus investigadores asociados en máis de 234 países de todo o mundo. Con SciVal, pódese visualizar o rendemento da investigación, informar sobre estratexias e planificación, e comparar cos seus pares.

Compre facerse usuario das bases de datos para poder usar os módulos bibliométricos e ter xa creada unha conta de usuario tanto na Web of Science coma en Scopus.

Co novo acceso desenvolverase un plan de formación sobre o uso destas ferramentas:

Formación Scival

Webinar 1: Introdución a SciVal Benchmarking

Luns 6 de maio, de 9:00 a 10:00 horas. Inscrición

Luns 6 de maio, de 16:00 a 17:00 horas. Inscrición

Webinar 2: Utilizando SciVal para a avaliación da investigación segundo os novos criterios da ANECA

Luns 13 de maio, de 9:00 a 10:00 horas. Inscrición
Luns 13 de maio, de 16:00 a 17:00 horas. Inscrición

(Inscríbete co teu correo institucional e o nome completo, o certificado de asistencia de Elsevier utilizará os datos rexistrados na conta de usuario de Elsevier.)

Formación InCites


Sesión 1 - Primeiros pasos con InCites

Martes 21 de maio, 14:00-15:00. Inscrición

Sesión 2 - Analizar o impacto académico e social dos investigadores con InCites

Venres 24 de maio, 14:00-15:00. Inscrición

(Incluír correo institucional e o nome completo para o certificado de asistencia de Clarivate. Se non podes asistir á sesión, inscríbete de tódolos xeitos. A sesión gravarase, e todos os inscritos recibirán un correo de seguimento co enlace da gravación.)

No hay comentarios: