viernes, 12 de noviembre de 2010

EL QUIJOTE DIXITAL

Fai unhas semanas que se presentou na Biblioteca Nacional de España unha estupenda edición dixital de El Quijote. Este libro interactivo é un proxecto que permite un achegamento innovador á primeira edición da obra cumio de Cervantes, conservada nos fondos da Biblioteca Nacional de España. Grazas a esta iniciativa é posible gozar do Quixote coma se tivese o libro nas súas mans, ao tempo que se pode acceder a contidos multimedia que axudan a contextualizar a obra. Entre outras cousa podese ver en vídeo El retablo de Falla, unha galería de documentos efímeros sobre a obra ou una mapa dos recorridos do fidalgo, con imáxenes da súas aventuras e da súa caída.
O libro fíxose coa dixitalización a moi alta calidade dos exemplares que conserva a BNE da primeira edición do Quixote: a de Madrid de 1605 e a de Madrid de 1615; arredor desta construíuse este portal interactivo con contidos procedentes de 43 edicións distintas do Quixote e doutras 21 obras máis, todas pertencentes á BNE.
E unha ledicia pasear polas suas páxinas orixinais, é tamén leelo na transcipción actual.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Só lle fai falla que cheire a vello claro que as páxinas deberían pasarse con máis lentitude. Xenial