viernes, 4 de mayo de 2012

Novos cursos de formación


A Biblioteca da UDC presenta este ano a terceira fase do seu programa de Formación de usuarios, despois das dúas edicións anteriores, correspondentes aos curso 2009-2010 e 2010-2011. Nel afóndase na necesaria ensinanza dos produtos postos a disposición da comunidade universitaria pola biblioteca, co obxectivo principal de conseguir que os usuarios utilizen cada vez máis os nosos recursos. Como resultado do uso destes mellorará a calidade da aprendizaxe do alumnado e a capacidade investigadora do PDI.
Os novos cursos enmárcase nos proxectos do grupo de Traballo de Formación de usuarios da BUDC; un novo elo para acadar o obxectivo da incorporación da formación ofertada pola biblioteca nas competencias nucleares e transversais da Universidade. En 2012 imos organizar novas sesións: "Como se fai un traballo de grao", "Como se fai unha tese de doutoramento e outros traballos académicos" e "Como se mide a información". Dependendo da demanda, faranse cursos nas diferentes bibliotecas dos centros, ademais dos que por parte do Servizo de Biblioteca realizaremos nos campus da Coruña e de Ferrol.

No hay comentarios: