Lembramos unha prevención que hai que ter en conta para a análise: nalgúns casos, nos últimos anos prodúcese unha diminución de valores, non relacionada cun descenso do impacto senón coa proximidade temporal da produción científica analizada. Un reconto posterior ofrecerá valores comparables.
Táboa de elaboración propia que
reúne estatísticas do Observatorio IUNE, elaboradas a partir de datos extraídos
da Web of Science
Pódese comprobar que o posto da UDC nos rankings con respecto ao ano anterior mellora unha media de dous postos. Destacan especialmente as publicacións en TOP3, indicador no que sube 5 postos. Ademais, cabe salientar que non baixa de posto en ningún dos rankings, como si pasou en anos anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario