1933 marca o inicio das feiras do libro en España. A
primeira foi en Madrid, no paseo de Recoletos. O acontecemento incluíase dentro
das celebracións dedicadas ao día do libro, no mes de abril. Na súa segunda
edición denominouse “nacional e hispano-americana”. Múltiples casetas de cores
lucían no paseo con altofalantes para que todas as persoas puidesen escoitar
aos escritores da feira. Coa guerra civil suspéndese a feira até 1944, ano no
que o Instituto Nacional do Libro (INLE) pasa a encargarse da súa organización,
cun novo nome -“Feira Nacional del Libro”- e con novas datas, desde finais de
maio, que se manteñen até o día de hoxe. Desde 1982 a Asociación de Librerías
de Madrid en colaboración coa Asociación de Editores e a Asociación de
Distribuidores (Fande) faise cargo e pasa a chamarse “Feira do Libro de
Madrid”. É unha feira de gran importancia a nivel nacional e internacional ao
punto que cada ano é inaugurada por un membro da familia real e acumula premios
como o Premio Nacional de Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura,
concedido en 2003 .
A feira de Madrid viaxou
nalgunhas ocasións a outras cidades como Barcelona e Sevilla.
Pero pouco a pouco cada cidade empezou a celebrar a súa propia. Galicia conta coas
súas feiras do libro, que cada ano se celebran entre os meses de primavera e
verán. Como no caso de Madrid, están organizadas pola Federación de Librerías
de Galicia en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
Buscan promocionar o libro e a lectura e dar visibilidade á nosa producción do
libro galega. Para isto, constan de diversas actividades para adultos e para o
público infantil –presentación de libros, contacontos, sorteos, mesas redondas,
firma de libros- que atraen cada día á cidadanía. Comezan en Verín, chegan ás
principais cidades e vilas galegas e rematan en Monforte a finais de agosto.
Na Coruña, no verán de 1966 o
xefe do Departamento de Difusión do INLE xunto cos libreiros, editores e
distribuidores da cidade, acordaron celebrar a nosa primeira feira, entre o 30
de xullo e o 10 de agosto. Baixo o lema “Un libro para cada coruñés e cada
coruñesa”, foi inaugurada por Guillermo Díaz-Plaja, daquela director do INLE, e
polo Ministro de Información, Manuel Fraga. Atopábase como hoxe nos xardíns de
Méndez Núñez e presentáronse 27 casetas de editoriais e librarías da Coruña, Bilbao,
Madrid e Barcelona. Abría de 11 a 14 e de 17:30 a 23 e facía un 10% de
desconto. Na súa segunda edición, en 1968, o lema foi “A amizade dos pobos a
través dun libro.” Presentáronse 40 editoras e sete librarías coruñesas. O
libro máis vendido foi o unha Guía de La
Coruña, de Miguel González Garcés. Se hoxe recibimos papeletas para un
sorteo de libros, naquel entonces as mulleres recibían un caravel, os homes un
cinseiro e os cativos e as cativas un cómic. Tamén elixíase á Dulcinea da Feira
pola súa beleza entre as mulleres que formaban a corte da raíña das festas. O
día 1 de agosto comezou a 47ª
Feira do Libro da Coruña e pechará hoxe venres. Na actualidade, estes actos xa
non se celebran mais seguimos gozando do 10% de desconto, sorteos e outras
moitas actividades.
Este ano a feira conta con redes sociais propias en twitter https://twitter.com/FDLCoruna , Instagram
https://www.instagram.com/feiradolibrocoruna/, y en el canal de youtube donde se cuelgan vídeos
https://www.youtube.com/channel/UClwaXMRybW5Dy7nMdJ99vuw/
Este ano a feira conta con redes sociais propias en twitter https://twitter.com/FDLCoruna , Instagram
https://www.instagram.com/feiradolibrocoruna/, y en el canal de youtube donde se cuelgan vídeos
https://www.youtube.com/channel/UClwaXMRybW5Dy7nMdJ99vuw/
Na actualidade, España organiza moitas
feiras e participa noutras no exterior que contribúen a levar a nosa
cultura a outros países.
No hay comentarios:
Publicar un comentario