Aproveitamos que está a finalizar
o ano para facer unha recompilación dos principais datos das bibliotecas das
universidades galegas no que respecta fundamentalmente a súa colección e persoal,
á espera da actualización das estatísticas deste ano 2018. A Biblioteca da
Universidade da Coruña ofrece ás súas, aproximadamente, 23.600 persoas usuarias
unha extensa colección de libros e revistas en papel (862.156 e 9.274,
respectivamente), libros
e revistas
electrónicas (111.474 e 27.288, respectivamente), 51.238 documentos noutros
formatos (DVD, mapas…) e 59 bases
de datos, repartida entre a páxina
web da biblioteca e os 17
puntos de servizo. Todo este material supón un orzamento anual de dous
millóns de euros aproximadamente.
A continuación, seguindo as estatísticas de REBIUN,
detallaremos algúns dos indicadores máis relevantes no que respecta á colección
e ao gasto que supón:
En canto
aos títulos de monografías en papel,
as 76 insitucións que compoñen REBIUN suman un total de 31.425.440 títulos. No
caso de Galicia, a totalidade de títulos alcanzarían os 2.008.000, repartidos
da seguinte forma entre as tres universidades galegas: a UDC suma un total
aproximado de 481.000, a UVigo 413.000 e a USC 1.114.000.
Pola súa
parte, os ítems de monografías en papel
informatizados, suman un total de 42.341.159 entre as 76 institucións. REBIUN
sinala que son preto de 54 millóns o total de libros das universidades, dos que
un 22,39 % son electrónicos. A suma de Galicia alcanzaría os 2.883.887 ítems, repartidos
da seguinte forma entre as tres universidades galegas: a UDC suma un total de 862.156,
a UVigo 621.100 e a USC 1.400.631 ítems.
Centrándonos
xa no gasto dedicado á compra ou subscrición de material, clasificámolo da
seguinte forma:
- Gasto dedicado á compra de monografías en
papel: as 76 institucións que compoñen REBIUN gastaron un total de
13.562.000 €. No caso de Galicia, o gasto no 2017 para este tipo de material
supuxo 1.000.000 de €: 362.000 € na UDC, 273.000 € na UVigo e 365.000 € na USC.
- Gasto dedicado á compra de audiovisuais e
material non librario: as 76 institucións que compoñen REBIUN gastaron un
total de 190.632,64 €. No caso de Galicia, o gasto no 2017 para este tipo de
material supuxo 10.273 €: 8.133 € na UDC e 2.140 € na USC. No caso da UVigo,
non se aporta dita información nas estatísticas de REBIUN.
- Gasto dedicado á subscrición de
publicacións periódicas en papel: as 76 institucións que compoñen REBIUN
gastaron un total de 8.965.709 €. No caso de Galicia, o gasto no 2017 para este
tipo de material supuxo 618.841 €: 158.597 € na UDC, 302.720 € na UVigo e
157.524 € na USC.
- Gasto dedicado a monografías electrónicas
de pago: as 76 institucións que compoñen REBIUN gastaron un total de
6.695.876 €. No caso de Galicia, o gasto no 2017 para este tipo de material
supuxo 120.823 €: 61.617 € na UDC, 43.199 € na UVigo e 16.007 € na USC.
- Gasto dedicado a publicacións periódicas
electrónicas de pago: as 76 institucións que compoñen REBIUN gastaron un
total de 63.471.000 €. No caso de Galicia, o gasto no 2017 para este tipo de
material supuxo 4.768.696 €: 1.412.219 € na UDC, 1.442.179 € na UVigo e 1.914.298
€ na USC.
- Gasto dedicado a bases de datos de pago: as
76 institucións que compoñen REBIUN gastaron un total de 25.785.045 €. No caso
de Galicia, o gasto no 2017 para este tipo de material supuxo 527.035 €:
184.765 € na UDC, 214.152 € na UVigo e 128.118 € na USC.
Por
último, no que respecta ao número de persoal,
a Biblioteca da UDC conta con 102 traballadores: 59 bibliotecarios, 42
auxiliares de biblioteca e 1 persoal
administrativo. Na Biblioteca da USC os seus 186 membros están repartidos da
siguiente forma: 72 bibliotecarios, 104 auxiliares de biblioteca e 10 persoal
administrativo. Por último, a Biblioteca da UVigo conta con 100 traballadores,
dos que 37 son bibliotecarios, 60 auxiliares de biblioteca e 3 persoal
administrativo.
2 comentarios:
Moi boa análise, só quero puntualizar que con respecto a Vigo, a finais do ano pasado aprobouse una modificación da RPT de Ourense e ampliouse nunha praza o persoal auxiliar, que foi contratada antes de rematar o ano. Plo tanto a cifra final é de 61 auxiliares (Técnicos Especialistas de Biblioteca) e 101 a cifra total.
Grazas pola aclaración Ana. As cifras que publicamos son as que figuran nas estatísticas de REBIUN, nas que non consta ese dato que nos comentas. ¡Grazas!
Publicar un comentario