Neste post faremos unha pequena
análise da evolución da Biblioteca da UDC no que respecta ao gasto investido na
súa colección segundo os diferentes tipos de documentos, así como ao seu
orzamento dispoñible nos últimos 10 anos. Tomamos o ano 2017 como último de
referencia, xa que é o último dispoñible nas estatísticas de
REBIUN, á espera da actualización das do pasado ano 2018.
Comezando co gasto investido na colección, observamos un claro descenso no
dedicado á compra de monografías en papel: mentres que en 2007 dedicáronse
1.108.303 €, no 2007 foron 362.409 €. Ao longo desa década a cifra foi baixando
paulatinamente ata chegar á cifra citada. O mesmo sucede coas publicacións
periódicas en papel: de 1.441.817 € gastados en 2007, atopámonos con 158.597 €
no 2017.
Sen embargo, no que respecta á información electrónica (suma de
monografías electrónicas e publicacións periódicas electrónicas) sucede todo o
contrario, xa que existe un aumento casi do dobre do gasto dedicado á mesma: de
775.748 € no 2007 pasamos a 1.473.836 € no 2017. Vemos así un crecemento do investimento
dedicado a este tipo de documentos.
No gasto dedicado a outros tipos
de recursos, como por exemplo as bases de datos, non hai grandes diferenzas, xa
que de 159.724 € dedicados en 2007 pasamos a 184.765 € en 2017.
Para comparar o gasto en recursos
de información da Biblioteca da UDC coas demais bibliotecas que forman parte de
REBIUN temos dispoñible esta páxina,
onde seleccionando a organización e o ano podemos ver o gasto da UDC, a media
de REBIUN e a porcentaxe de desviación (negativa ou positiva). Por exemplo, no
2007 o gasto foi de 2.780.173 e a media de REBIUN 1.851.538; no 2017, a
biblioteca segue estando por enriba da media, xa que gastou 2.187.740 e a media
sitúase en 1.625.623.
Os datos das outras universidades
galegas no que respecta ao gasto en recursos de información no 2017 foi similar
á UDC: na Universidade de Santiago de Compostela foi de 2.583.170 € e na
Universidade de Vigo aínda algo menor, 2.275.294 €. Pola súa parte, a cifra total
de gasto en recursos de información de tódalas bibliotecas que forman parte de
REBIUN foi en 2017 de 118.670.479 €.
En xeral, os recortes nos
orzamentos das bibliotecas (non só nas universitarias) nos últimos anos
produciron descensos nas adquisicións de documentos. Esto podémolo observar nos
propios orzamentos
da UDC no que respecta á
biblioteca, que tiveron unha importante baixada nos últimos anos. O
investimento en fondos bibliográficos pasou de 2.805.026 € no 2007 a 1.760.868
no 2017. Máis de 1.000.000 de € de diferenza nestes últimos 10 anos.
A pesar deste descenso nos
orzamentos, a Biblioteca da UDC ofrece no 2017 datos positivos respecto a algúns
servizos, como o préstamo a domicilio, no que se rexistraron 460.143 préstamos,
superando claramente á media que estaba en 154.187. Tamén no préstamo
interbibliotecario hai boas cifras: cursáronse un total de 3.375 solicitudes
(positivas) de copias e préstamos pedidas a outros centros (a media de REBIUN
foi de 1.509), e como biblioteca proveedora o total de peticións (positivas) de
copias e préstamos servidas a bibliotecas nacionais foi de 1.692 (a media de
REBIUN estivo en 1.409).
No hay comentarios:
Publicar un comentario