En anteriores post analizamos o
impacto e o output da actividade científica da UDC nos últimos 10 anos segundo
as bases de datos Web
of Science (WoS) e Scopus.
Neste novo post recompilaremos os datos máis destacados das publicacións de
2018 recollidas en ambas bases de datos.
O número de documentos na WoS neste último ano é de 1259, dos que 381
figuran en acceso aberto. Refinando
máis este último aspecto, extraemos os seguintes datos:
- 307 pertencen á versión DOAJ dorado, que son artigos que se
publican en revistas rexistradas no “Directorio de revistas de acceso abierto”
(DOAJ).
- 25 á versión Dorado (otros): son artigos de acceso aberto
que teñen unha licenza de Creative Commons (CC) da base de datos Unpaywall de Impactstory, pero non están rexistradas en
DOAJ.
- 43 á versión bronce: a licenza destes artigos non
está moi clara ou aparecen na base de datos Unpaywall de Impactstory como
artigos sen licenza de CC. Son artigos que se poden consultar de forma gratuíta
ou artigos de acceso público que se atopan en sitios web de editoriais.
- 60 á versión verde e publicado: son versións finais e
publicadas de artigos aloxados en repositorios institucionais ou temáticos.
Segundo a tipoloxía documental, os artigos son claramente a tipoloxía máis
numerosa, con 948 documentos (o 75%), seguidos das comunicación en congresos
con 202 (o 15%), tal e como se observa no seguinte gráfico de elaboración
propia:
En Scopus atopamos datos
similares: constan 1187 documentos do 2018, dos que 268 están en acceso aberto.
Os artigos son tamén a tipoloxía máis numerosa con 819 documentos (o 69%),
seguidos das comunicacións en congresos con 124 (o 10%). Tanto estas como as
demais tipoloxías documentais distribúense da seguinte forma:
Se temos en conta as áreas de investigación, na seguinte táboa da
WoS podemos comprobar que as 3 áreas cun maior número de documentos no 2018 foron
Enxeñaría (cun 12%), Ciencias da Computación (9%) e Química (7%):
En Scopus, a distribución por
materias dos documentos do 2018 pódese observar no seguinte gráfico de
elaboración propia. As áreas de Medicina, Ciencias da Computación e Enxeñaría
son as que obteñen unha maior representación no 2018:
En canto ás institucións colaboradoras coa UDC ao longo do 2018, as primeiras
posicións do ranking na WoS corresponden a:
En Scopus:
No hay comentarios:
Publicar un comentario