jueves, 21 de marzo de 2019

Publicacións científicas en acceso aberto na UDC segundo as bases de datos Web of Science e Scopus: 2008-2018


Neste novo post analizamos os datos relativos á publicación en acceso aberto producida polo persoal investigador da UDC nos últimos dez anos segundo as bases de datos Web of Science (WoS) e Scopus. Rematamos así esta serie de noticias bibliométricas sobre a produción científica da UDC comezada hai unhas semanas neste blog.
Na seguinte táboa amosamos a evolución da publicación en acceso aberto nesta última década segundo WoS. Pódese observar que nos últimos 4 anos hai un claro aumento deste tipo de publicacións respecto aos anos anteriores: 
Por áreas de investigación, na seguinte imaxe da WoS vemos que as publicacións en acceso aberto da UDC pertencen maioritariamente as áreas de Reumatoloxía, Ciencia e Tecnoloxía e Enxeñaría:

As 2522 publicacións en acceso aberto que constan da UDC na WoS na década 2008-2018, divídense da seguinte forma:
  • 1365 pertencen á versión DOAJ dorado, que son artigos que se publican en revistas rexistradas no “Directorio de revistas de acceso abierto” (DOAJ).
  • 253 á versión Dorado (otros): son artigos de acceso aberto que teñen unha licenza de Creative Commons (CC) da base de datos Unpaywall de Impactstory, pero non están rexistradas en DOAJ.
  • 809 á versión Bronce: a licenza destes artigos non está moi clara ou aparecen na base de datos Unpaywall de Impactstory como artigos sen licenza de CC. Son artigos que se poden consultar de forma gratuíta ou artigos de acceso público que se atopan en sitios web de editoriais.
  • 711 á versión Verde e publicado: son versións finais e publicadas de artigos aloxados en repositorios institucionais ou temáticos.
  • 51 á versión Verde e aceptado: manuscritos aceptados que están aloxados en repositorios. O contido está revisado por expertos e é unha versión final, pero non pasou pola revisión do editor.
Un último dato que extraemos desta base de datos son as 10 revistas cun maior número de publicacións en acceso aberto asinadas por membros da UDC nos anos sinalados:
En Scopus atopámonos cunha situación similar: hai un aumento constante das publicacións en acceso aberto ao longo da última década, dende os 43 documentos do 2008 ata os 273 do 2018: 


Por áreas de investigación, no seguinte gráfico de Scopus observamos que a Medicina é a área cun maior número de documentos en acceso aberto, seguida da Bioquímica, Xenética e Bioloxía Molecular:

Nesta base de datos, as 10 revistas cun maior número de publicacións en acceso aberto asinadas por membros da UDC nos anos sinalados son:
Aínda que este post está centrado na análise das publicacións en acceso aberto da UDC presentes na WoS e Scopus, non podemos rematalo sen facer referencia ao repositorio institucional da UDC, o RUC, que ofrece acceso aberto ao texto completo de documentos creados polos membros da UDC no seu labor de investigación e docencia.

No hay comentarios: