Esta semana comezaba coa noticia
do falecemento do escritor Rafael Sánchez Ferlosio, polo que o post desta
semana dedicámolo á súa figura. Novelista, ensaísta, gramático e lingüista
español, ao longo da súa traxectoria profesional obtivo numerosos premios entre
os que destacan os máis importantes das letras hispánicas, o Premio Cervantes en 2004, o Premio Nacional de las Letras Españolas
en 2009 ou o Premio Nacional de Ensayo
en 1994.
Destacou por ser crítico co mundo
que lle rodeaba, co poder, o capitalismo, a corrupción ou a relixión, entre
outros.
Doutorouse en Filosofía e Letras na
Universidad Complutense de Madrid, onde entrou en contacto con outros
escritores da época como Ignacio Aldecoa, Jesús Fernández Santos ou Carmen
Martín Gaite. Todos eles formaron parte da denominada Generación del 50.
A fama e o recoñecemento
internacional chegáronlle a mediados da década dos cincuenta coa novela El Jarama, obra que se converteu nun
referente dentro do realismo social e a novela española de posguerra. Por ela
recibiu o premio Nadal en 1955 e o da Crítica en 1957. Sen embargo, a pesar do
éxito desta novela, renegou dela e durante un longo período o escritor abandonou
a narrativa e comezou unha fase marcada por unha ampla produción de ensaios.
Ademais, desenvolveu unha importante
carreira xornalística, colaborando en diarios españois como ABC ou El País e en revistas como Cuadernos
Hispanoamericanos e Revista de
Occidente.
Para finalizar, deixámosvos varias
ligazóns de interese:
- Entrevista a Rafael Sánchez Ferlosio no programa Negro sobre blanco.
- Mesa redonda “En torno a la figura de Rafael Sánchez Ferlosio” no Instituto Cervantes, acto onde se repasaron a vida e a obra do escritor.
- La cultura, ese invento del Gobierno”, artigo de 1984 publicado por Ferlosio en El País.
- "Diez libros de Ferlosio vistos por Ferlosio”, artigo publicado en El País no que se recompilan algunas das súas obras e as valoracións do propio autor sobre as mesmas.
- Obra do autor nas bibliotecas da UDC
No hay comentarios:
Publicar un comentario