Veñen de actualizarse
recentemente as estatísticas
de REBIUN correspondentes ao ano 2018, polo que dedicamos este post a
recompilar os principais datos da Biblioteca da UDC, no que respecta
fundamentalmente á súa colección. Para dar unha visión xeral podemos comezar
dicindo que a biblioteca ofrece ás súas, aproximadamente, 23.600 persoas
usuarias unha extensa colección de libros e revistas en papel (861.054 e 9.274,
respectivamente), libros
e revistas
electrónicas (111.776 e 30.411, respectivamente), 52.479 documentos noutros
formatos (DVD, mapas…) e 41 bases
de datos, repartida entre a páxina
web da biblioteca e os 17
puntos de servizo. Todo este material supón un orzamento anual de dous
millóns de euros aproximadamente.
A continuación, seguindo as
estatísticas de REBIUN, detallaremos algúns dos indicadores máis relevantes no
que respecta á colección e ao gasto que supón:
En canto aos títulos de monografías en papel, a biblioteca conta actualmente con
487.692 títulos, aumentando 6.326 títulos
respecto ao ano anterior. No que respecta ás publicacións periódicas en papel ingresadas por compra, os títulos
ingresados foron de 838, cifra que foi disminuíndo pouco a pouco nos últimos 5
anos, pasando de 1.348 títulos no ano 2014 aos 838 actuais. En contrapartida a
este descenso, na información electrónica sucede todo o contrario, xa que se confirma
un aumento tanto nas monografías como nas publicacións periódicas: de 28.987
monografías electrónicas en 2015 pasamos a 114.776 na actualidade; e de 27.288 publicacións
periódicas electrónicas no 2017 pasamos a 30.411 no 2018.
Outro indicador no que se
constata a relevancia que ten a información electrónica nos últimos anos é no total de obxectos dixitais no repositorio
institucional, o RUC. Nas
estatísticas de 2018 constan 17.557 obxectos depositados en acceso aberto.
Ademais, tanto as buscas ou consultas en recursos
electrónicos de pago como as descargas
de documentos nos mesmos, aumentaron considerablemente: de 274.436 buscas
no 2017 pasouse a 438.110 no 2018, e de 383.765 documentos descargados no 2017
a 630.218 no 2018.
Xa para rematar, proporcionamos os
datos máis relevantes do gasto investido
na colección: observamos un claro descenso no dedicado á compra de
monografías en papel: mentres que en 2014 dedicáronse 549.133 €, no 2018 foron
343.099 €. O mesmo sucede coas publicacións periódicas en papel: de 232.242€
gastados en 2014, atopámonos con 149.433 € no 2018.
Sen embargo, no que respecta á
información electrónica sucede todo o contrario: de 12.679 € dedicados no 2014
pasamos a 18.422 € no 2018 no caso das monografías, e de 1..423.245 € no 2014
pasamos a 1.562.100 € no caso das publicacións periódicas. Vemos así un
crecemento do investimento dedicado a este tipo de documentos electrónicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario