Como todos estes últimos anos
nestas datas e aproveitando os meses de vacacións que veñen por diante, dende o
Servizo de Biblioteca queremos promocionar a lectura recomendándovos algunhas
ideas para este verán.
Comezamos lembrándovos que nas bibliotecas
das facultades da UDC contades coa sección BIC
(Biblioteca de Interese Cultural), na que atoparedes lecturas para todos os
gustos, dende novelas ou ensaios, ata cómics e guías de viaxe, etc.
Ademais, nalgunhas bibliotecas da
UDC elaboraron centros de interese relacionados con esta época estival:
- Na Biblioteca da Facultade de Filoloxía realizaron unha selección de libros e películas que transcorren parcial ou totalmente na época de verán. No seu Pinterest podedes consultar esta selección.
- A Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa seleccionou varias guías de viaxe e novelas que nos amosaron a través do seu Facebook e que tamén podedes ver presencialmente nas súas instalacións.
- A Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica propoñe visitar o seu centro de interese “Para viaxeiros curiosos...” e consultar as súas guías de lectura “Guías de viaxe” e “Viajes con historia”.
Outros recursos nos que atoparedes
recompilacións con diversas suxestións son os xornais: por exemplo, dende Expansión
propoñen Qué
leer el verano de 2019: 15 libros adictivos para las vacaciones; en El Periódico céntranse no xénero
policiaco e de suspense con 15
propuestas de novela negra para este verano 2019; Babelia, o suplemento cultural de El País, dedica a portada deste sábado aos libros
do verán. Especialistas en distintos xéneros ofrecen as súas recomendacións:
da narrativa ao deporte, o ensaio, a literatura infantil e xuvenil ou a poesía.
Como último exemplo, na Voz de Galicia
preguntan a seis autores ¿Qué
van a leer este verano?
Tamén algunhas editoriais mostran nas súas webs
seleccións dos mellores libros para ler en verán. É o caso de Planeta, que a
través da sección Libros
para leer este verano, ofrece varias clasificacións: “Libros de los que
todo el mundo habla”, “Este verano, fortalece tu espíritu con estos libros”, “Guías,
rutas y consejos para viajeros”, etc.
Os blogs ou portais de literatura son outras das fontes nas que
atoparedes artigos con recomendacións. É o caso do blog Algunos libros buenos con Los
15 libros recomendados para este verano 2019 ou Estandarte con Diez
libros para el verano de 2019, Dende o blog de Baratz, no que difunden información
útil relacionada co mundo de bibliotecas, arquivos, xestión documental…, tamén
veñen de publicar o post 10
libros recomendados por el #baratzteam para leer este verano.
Para rematar, queremos sinalar
que dende Página Dos, programa de
libros de Televisión Española, pecharon a temporada esta semana cun especial de
verán con propostas para ler durante as vacacións. Nesta ligazón
podedes acceder ao programa completo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario