A finais de xuño publicouse unha nova edición do Observatorio
IUNE (2019, con datos do
período comprendido entre 2008 e 2017). En anos anteriores xa recolleramos
neste blog os datos das diferentes edicións deste observatorio, o cal analiza a
actividade investigadora nas universidades españolas. Nesta entrada
analizaremos os datos actuais, para a continuación comparalos co anterior ano.
Lembramos unha prevención que hai que ter en conta para a análise: nalgúns
casos, nos últimos anos prodúcese unha diminución de valores, non relacionada
cun descenso do impacto senón coa proximidade temporal da produción científica
analizada. Un reconto posterior ofrecerá valores comparables.
A seguinte táboa resume a evolución da produción científica da UDC nos
diferentes indicadores mediante a evolución dos rankings respectivos:
A comparación dos datos para o informe deste ano e os do ano anterior
parecen indicar que a UDC non mellora nos valores obtidos para cada un dos
indicadores analizados, con lixeiras baixadas que van de 1 a 8 postos (caso das
publicacións no TOP3). Con todo, esta baixada non se pode considerar de todo
indicativa, pois como novidade este ano non se tiveron en conta no cálculo as publicacións dos Institutos
de Investigación Sanitaria e/o Biomédica (o INIBIC no caso da UDC), xa que se
considera que as universidades non son totalmente responsables dos mesmos. Como
se pode ver no seguinte cadro, obtido do informe, este feito afectou aos
valores de todos os indicadores, os cales experimentaron baixadas substanciais
con respecto ao informe do ano 2018:
No hay comentarios:
Publicar un comentario