Coa inauguración na vindeira
semana do curso académico 2019/2020 do Sistema Universitario Galego, dedicamos
este post a facer un pequeno percorrido pola oferta académica (graos, mestrados
e doutoramentos) das tres universidades galegas. En concreto, o acto de
apertura deste novo curso nas universidades de Galicia terá lugar o venres 6 de
setembro ás 12.00 horas na Universidade de Santiago de Compostela (Salón Nobre
do Colexio de Fonseca).
No que respecta exclusivamente
aos graos, excluíndo mestrados e doutoramentos, a Comisión Interuniversitaria
de Galicia resume neste tríptico
a oferta de prazas das tres universidades galegas.
A USC oferta os seguintes graos, mestrados e programas de doutoramento nos seus
campus de Santiago e Lugo, ofrecendo como principal novidade o grao en Robótica
(Lugo).
Pola súa parte, toda a oferta
académica da Universidade de Vigo pódese consultar nesta ligazón.
Na nosa universidade, a UDC, entran en funcionamento este curso os seguintes
graos:
- Xestión Dixital de
Información e Documentación, unha reconversión do extinto grao en
Información e Documentación.
Tódolos planos de estudos dos
graos, dobres graos, estudos internacionais, docencia en inglés, mestrados e
programas de doutoramento, estudos propios…atópanse nesta páxina da UDC.
No que respecta aos mestrados, as
universidades galegas ofrecen catro novos para este curso: a USC, os mestrados
en Psicoloxía; en Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais; e
en Enxeñaría de Procesado dos Alimentos. A UVigo, ofrece, pola súa banda, un mestrado
en Dirección TIC para a Defensa.
Rematamos este post informando da
implantación de novos títulos nos vindeiros cursos académicos. Segundo o mapa
de titulacións do Sistema Universitario de Galicia, a UDC incorporará o grao de
Nanociencia e Nanotecnoloxía para o curso 2020/2021, a UVigo impartirá o grao
dual en Tecnoloxía da Automoción a partir de 2021/2022, e a USC o grao en
Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira para o curso 2021/2022.
A maiores, no curso 2021/2022
entrará en funcionamento un cuarto, o grao en Relacións Internacionais, que
será un grao interuniversitario entre a UDC (no campus de Ferrol) e a UVigo (no
campus de Ourense).
No hay comentarios:
Publicar un comentario