viernes, 4 de octubre de 2019

A Universidade da Coruña nos rankings universitarios


A elaboración de rankings de universidades proliferou bastante nos últimos anos, e proba disto é a aparición de numerosos sistemas orientados á clasificación e avaliación destas institucións. A pesar da súa expansión, os rankings non están exentos de recibir críticas en canto á súa fiabilidade, xa que ésta dependerá da calidade dos datos nos que se basea, a metodoloxía seguida, a transparencia, etc. Cada ranking utiliza indicadores e metodoloxías diferentes, así como distintos valores de ponderación.

Para dar resposta a este tipo de estudos, na UDC destaca a Unidade de Análise e Xestión de Datos (AXD), que  centraliza e analiza a información para cubrir estatísticas de carácter oficial e así poder dar unha información fiable e contrastada que servirá para elaborar indicadores que reflictan a realidade da institución tanto en ámbitos nacionais como internacionais. Os rankings, como moitos outros estudos, requiren gran cantidade de información que abarca moitas áreas funcionais da UDC, o que orixina que a unidade AXD sexa transversal a todos os servizos da nosa universidade.
Esta Unidade é a responsable dunha ampla sección web dedicada á UDC nos rankings universitarios, presentando informes de cada un dos rankings, tanto nacionais como internacionais, con datos sobre a nosa universidade en cada un deles. Recentemente veñen de actualizarse varios rankings incluídos nesta páxina:
- THE: Times Higher Education World University Ranking, do que elaboramos un post a     semana pasada neste blog.
- A parte de redes sociais do Unirank.
- Dyntra, que é unha plataforma colaborativa que estuda a transparencia á hora da publicación de datos nas webs das distintas organizacións que se estudan.

No hay comentarios: