Clarivate Analytics vén de
publicar recentemente a listaxe anual de investigadores altamente citados
baseándose na Web of Science. Trátase da edición 2019 do Highly
Cited Researchers, que engloba os principais investigadores de ciencias e
ciencias sociais de todo o mundo con máis citas no período comprendido entre
2008-2018. Esta listaxe é elaborada a partir dos artigos que están entre o 1%
dos máis citados por campo e ano, publicados en revistas científicas indexadas
na Web of Science Core Collection. Os investigadores son seleccionados polo seu
rendemento excepcional nun ou máis dos 21 campos (os utilizados nos Essential
Science Indicators) ou a través de varios campos.
A listaxe completa pódese
consultar neste documento
de Excel, do que extraemos unha serie de datos:
- Nela aparecen 6.216 expertos, dos que 116 son españois
- O CSIC segue a ser, como os últimos anos, a institución española con máis representantes
- No que respecta ás universidades, a Universidad de Barcelona é a universidade española con máis investigadores altamente cualificados, seguida de Granada
- O Sistema Universitario de Galicia ten 5 representantes, 3 da Universidade de Vigo e 2 da Universidade de Santiago de Compostela
Outros datos de interese son que
EE.UU, con 2.737 investigadores altamente citados, é o país co maior número de
autores na lista, seguido de China con 636. O Reino Unido, que o ano pasado
situábase no segundo posto, este ano cae ao terceiro lugar, con 516
investigadores. España sitúase na décima posición do ranking. Respecto ás
institucións, a Universidad de Harvard segue encabezando a lista, seguida pola
de Stanford.
Ademais, entre todos os expertos
hai 23 gañadores do Premio Nobel, incluídos tres anunciados este ano: Gregg L.
Semenza da Johns Hopkins University (Fisioloxía ou Medicina), John B.
Goodenough da Universidad de Texas (Química), e Esther Duflo do Massachusetts
Institute of Technology (Economía).
Estas e outras conclusións
pódense consultar neste informe
de Clarivate Analytics.
No hay comentarios:
Publicar un comentario