Cada 1 de xaneiro, considerado o Día del Dominio Público, pasan a dominio público as obras de
moitos autores ao vencer o prazo de dereitos de autor. Isto significa que ditas
obras poderán ser editadas, reproducidas ou difundidas publicamente, sen as
restricións establecidas polos dereitos de autor.
En España, o Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de
abril, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Propiedad
Intelectual, indica no artigo 26 que “os dereitos de explotación da
obra durarán toda a vida do autor e 70 anos despois da súa morte ou declaración
de falecemento”. Con todo, para os autores falecidos antes do 7 de decembro de
1987, o prazo será de 80 anos. Cómpre sinalar que para evitar os problemas que
podería suscitar a incerteza sobre a data exacta de falecemento, os prazos
empezan a computarse o 1 de xaneiro do ano seguinte á morte ou declaración de
falecemento. Tendo en conta os prazos sinalados, este ano entran en dominio
público as obras daqueles autores falecidos en 1939.
A Biblioteca Nacional de España
(BNE) fixo pública a listaxe
dos 181 autores que este ano pasan a dominio público, entre os que destaca Antonio
Machado, pero na que tamén figuran outros autores descoñecidos ou esquecidos. Ademais,
as obras dos escritores de especial interese desta listaxe están dispoñibles na
Biblioteca
Digital Hispánica, o portal que dá acceso aos fondos dixitalizados da BNE.
Como novidade deste ano, púxose
en marcha un proxecto na plataforma de enriquecemento colaborativo ComunidadBNE:
"Del
dominio público: autores españoles fallecidos en 1939". Con esta
iniciativa proponse aos usuarios a identificación do lugar e ano de nacemento,
ocupación e recensión biográfica do autor se se coñece. Calquera persoa pode
participar, e contribuír así a unha mellor representación de todos estes
autores nos catálogos da BNE.
Coa información dispoñible, a BNE
creou ficheiros publicados como conxuntos de datos abertos e reutilizables, en
diferentes formatos no catálogo
de datos.gob.es.
Máis información:
- “La
BNE digitaliza y pone a libre disposición la obra de Antonio Machado y otros
180 autores fallecidos en 1939”, na web da BNE.
- “La
obra de Antonio Machado ya es de todos”, no xornal El País.
No hay comentarios:
Publicar un comentario