Entre os meses de xaneiro e
outubro do pasado ano 2019, a Biblioteca
da UDC tivo acceso á colección completa de libros electrónicos de Wiley Online Library, grazas ao
acordo EBS (adquisición baseada na evidencia) subscrito coa editorial polo
Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia. Este tipo de adquisición é
unha opción vantaxosa para a biblioteca, xa que permite acceder durante un
determinado período de tempo á colección completa e, despois deste período,
adquirir os libros seleccionados pola biblioteca segundo os datos de consulta e
uso dos mesmos. Desta forma, o modelo EBS permite que a biblioteca poida
realizar a selección e adquisición dos títulos máis relevantes e interesantes
para os seus usuarios.
Tras esta selección en 2019,
xunto cos EBS do ano 2017 e 2018, na actualidade pódese acceder a 1.184
títulos de carácter científico, de 17 coleccións temáticas: Agricultura e
Ciencia dos Alimentos, Arquitectura, Arte, Economía, Finanzas e Contabilidade,
Química, Informática, Humanidades, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas e
Estatística, Medicina, Enfermaría, Físicas e Enxeñaría, Psicoloxía, Ciencias
Sociais e do Comportamento.
Os libros adquiridos poden
consultarse a través do xestor
de enlaces SFX de Pórtico ou dende a páxina web da biblioteca a través de Libros
electrónicos. Tamén están incluídos no catálogo
da biblioteca, aínda que polo de agora non está engadida a selección deste
último ano.
A páxina de inicio de cada libro
mostra unha biografía do autor, unha táboa de contido de todos os capítulos
dese libro e a opción de descargar cada capítulo como un PDF. Tamén se ofrece a
opción de descargar o libro completo en formato PDF.
Wiley conta cunha páxina de recursos
en español onde podedes atopar unha guía de usuario, vídeos autodidácticos
e mesmo sesións de capacitación virtual.
Ademais da colección desta
editorial, a Biblioteca da UDC conta con moitos máis libros electrónicos que inclúen obras de referencia
e outras coleccións temáticas e multidisciplinares. Todas elas pódense
consultar nesta ligazón
da páxina web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario